Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo sumase a plataforma de afectados polos abusas do mercado eléctrico

OS SOCIALISTAS SÚMANSE Á PLATAFORMA DE AFECTADOS POLOS ABUSOS DO MERCADO ELÉCTRICO PARA LOITAR CONTRA A PROBLEMÁTICA

-Aseguran que “son moitos os afectados no noso concello, incluídos nós, e pretendemos estar á última en canto a noticias se refire para poder facilitar tódolos datos e axuda ós nosos veciños”

-O vindeiro luns, día 19, terá lugar no local do PSdeG-PSOE en San Ciprián, unha charla informativa na que “o Presidente da plataforma explicará cómo proceder ante estes problemas e aclarará calquera dúbida dos asistentes”

CERVO, 15 DE NOVEMBRO. O PSdeG-PSOE de Cervo vén de adherirse á Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico, “son moitos os veciños afectados no noso municipio, e en xeral, en toda a Mariña. Ademais, nós como partido político tamén estamos sufrindo complicacións coas facturas do consumo eléctrico. Queremos loitar en nome de todos para que se lle dé solución a este problema, faremos todo o que estea nas nosas mans”.

Os socialistas amosaron a súa preocupación e denunciaron o asunto en varias ocasións, “diferentes comunidades de propietarios de Cervo recibiron facturas desorbitadas, e qué dicir, do caso do noso veciño que necesita a diario unha máquina eléctrica para suministrar a súa medicación. Ante as advertencias de corte do subministro por parte das eléctricas, moitos cervenses viven en situación de completa impotencia. Non podemos consentir que esto continúe así”.

Ante a gravidade da situación e a nula resposta da Consellería de Industria, “decidimos adherirnos a esta plataforma para poder estar á última en canto a noticias se refire, e poder aportar ós nosos veciños toda a información que nos sexa facilitada para apoialos e axudalos en todo o que nos sexa posible”.

Charla informativa en Cervo

Grazas á Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico, o vindeiro luns, día 19, ás 20:30 horas, terá lugar unha charla informativa sobre a problemática no local do PSdeG-PSOE en San Ciprián.

O Presidente da plataforma, José Luis Moñita, explicará cómo proceder ante un problema coas facturas do consumo eléctrico e solventará as dúbidas de tódolos asistentes. “Invitamos a todos aqueles afectados a asistir e cómo non, a aqueles veciños que non estén sufrindo agora mesmo o problema e que igualmente queiran coñecer a situación, nun futuro poderían verse tamén perxudicados”.

Exit mobile version