Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Mondoñedo asistirá a concentración contra a subida das taxas xudiciais

Esta convocada polo Consello Galego da Avogacía e polos Colexios de Avogados

OS SOCIALISTAS DE MONDOÑEDO ASISTEN Á CONCENTRACIÓN CONTRA A SUBIDA DAS TAXAS XUDICIAIS, QUE SE CELEBRA O VENRES DIA 9, DIANTE DO XULGADO

-Advirten que con este subida “a xustiza estará en mans dos ricos”

-O novo proxecto de lei de Gallardon contempla unha suba xeralizada de entre 50 e 750 euros

Mondoñedo, 8 de novembro de 2012. A Agrupación Socialista de Mondoñedo participa na concentración contra subida das taxas xudiciais,que se celebra o vindeiro venres día 9 de novembro, diante do xulgado mindoniense, ás 12:00h. Esta concentración esta convocada polo Consello Galego da Avogacía e polos 7 Colexios de Avogados de Galicia.

O novo proxecto de lei contempla unha suba xeralizada de entre 50 e 750 euros. Sinalan que con esta medida o PP “introdúce o copago tamén na xustiza”.

Os socialistas de Mondoñedo queren amosar así a súa solidariedade con tódolos colectivos afectados, e rexeitar deste xeito o novo “atropelo do PP en materia xudicial”.

Sinalan tamén que este asunto “non afecta so aos sectores xudiciais “é un problema que afectará enormemente a tódolos cidadáns”. Aseguran ademais que con este subida “a xustiza pasara a estar en mans dos ricos”.

Afirman que cos recortes na educación, ou o copago na sanidade, e agora o novo copago na xustiza “o único que fai o PP é crear unha sociedade de dúas velocidades en función do seu poder adquisitivo”.

Exit mobile version