Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE recláma que a Feijóo “non volva deixar Lugo de lado” na confección do seu novo goberno

O PSdeG reclámalle a Feijóo que “non volva deixar Lugo de lado” na confección do seu novo goberno
-“Estou dacordo co que dicía o presidente do PP en Lugo, que non é unha cuestión
de cuotas, o que pasa é que eu me nego a crer que en Lugo non haxa cargos do
PP que sexan capaces de ser conselleiros na Xunta e facelo ben”, asegura o
secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia, Carlos González Santín.
O secretario de Organización do PSdeG-PSOE en Lugo, Carlos González Santín, reclámalle ao
presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que nesta lexislatura “nomee un
conselleiro ou conselleira de Lugo, e que non faga como fixo na última lexislatura, na que
Lugo foi a única provincia galega” sen representación no goberno galego. “Ademais estou
dacordo co que dicía o presidente do PP en Lugo, que non é unha cuestión de cuotas, o que
pasa é que eu me nego a crer que en Lugo non haxa cargos do PP que sexan capaces de ser
conselleiros na Xunta e facelo ben”, engade, en referencia ás declaracións de José Manuel
Barreiro.
Neste senso, González Santín pídelle a Feijóo “que non deixe Lugo de lado e que teña no seu
consello unha persoa que coñeza os problemas da provincia e que poida transmitirlles aos
seus compañeiros cales son estes problemas para solucionalos”. O socialista di que se isto
sucede, será mellor para a provincia. “Ademais alegrareime de que este conselleiro ou
conselleira o faga ben, porque se o fai ben, iranos ben aos lucenses”, di.
Carlos González Santín lembra que “o sector produtivo de Lugo se vai desangrando”, con 63
concursos de acredores nos últimos dez meses, o continuo peche de grandes empresas e
pemes e informes moi preocupantes sobre sectores como o lácteo, mentres 26.323 lucenses
están en paro, e deles máis de 10.000 non teñen ningún ingreso. “Isto vai cara o precipicio
mentres Feijóo mira cara outro lado”, lamenta Santín, que cre que ter un conselleiro ou
conselleira lucense “non é nin moito menos a solución a nada disto” pero “si un xesto
mínimo, a mostra dun mínimo interés por unha provincia que é continuamente ignorada”

Exit mobile version