Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE súmase á mobilización do 14-N e lémbra as “26.323 razóns” para a folga

O PSdeG de Lugo súmase á mobilización do 14-N e lémbralle aos lucenses as “26.323 razóns” para a folga
O PSdeG de Lugo súmase á mobilización de mañá 14 de novembro e á iniciativa do PSOE
#14Nvamos #14Nimos nas redes sociais e nas rúas a nivel estatal, e lémbralle en particular
aos lucenses que teñen “26.323 razóns” para a folga, en alusión ao número de parados na
provincia.
Desde o partido socialista lucense lamentan “a grave situación actual en toda España
producida polas políticas de recortes do PP”, que “impiden respirar á poboación”, e destacan
“a sangría sen precedentes que afoga a Lugo”, con 63 concursos de acredores en 10
meses que “están a desintegrar o tecido empresarial da provincia”, ademais do “continuo
goteo de peches de pemes”, despois da suba do IVE ou a reforma laboral. Apuntan a
informes especialmente graves como os referentes ao sector lácteo, que auguran a
perda de 10.000 empregos a curto prazo, con 3.000 granxas ao borde da suspensión
de pagos.
Os socialistas lembran ademais a “precaria situación da sanidade e as carencias nos
hospitais, que fan que nalgúns casos graves os lucenses estean máis desprotexidos que
noutras provincias”, medidas defavorables para os xubilados como o repago farmacéutico
–os xubilados lucenses son os que menos cobran de España-, a falta de medios na
educación, en especial no medio rural, o grave despoboamento que afecta a Lugo ou o
desmantelamento da dependencia e programas como Preescolar na Casa ou Axuda no
Fogar. Por todo isto “e moito máis”, o PSdeG de Lugo súmase ao lema do PSOE “por todo o
que quero, vou. Por todo o que quero, imos”, e estará presente na manifestación convocada
para mañá ás 12.00 no centro da cidade

Exit mobile version