Site icon Crónica3.com A Mariña

O tecido produtivo da provincia cae en picado mentres medra o desemprego e o rural se deprime, explica o PSOE

20-N e Rajoy: Un ano de retroceso económico en Lugo

Desde a chegada de Rajoy ao Goberno, o tecido produtivo da provincia cae en
picado mentres medra o desemprego e o rural se deprime a un ritmo aínda máis
grave que no resto de Galicia e de España
Cando se cumpre o primeiro ano dende a chegada de Mariano Rajoy ao Goberno, Lugo
constata un grave retroceso económico que leva á provincia a un total desmantelamento
produtivo e un abandono que acaba cos piares fundamentais para o seu avance. Medidas
como a reforma laboral, o aumento do IVE e o IRPF ou os recortes en orzamentos
fundamentais reflíctense en cifras preocupantes:
-O paro incrementouse en outubro en Lugo en 1.084 persoas, o que representa un
4,29%, un punto máis que a media galega, que alcanzou o 3,25%. As oficinas de emprego
contabilizaron en outubro 26.323 desempregados na provincia. O aumento é aínda máis
significativo se tomamos como referencia o mesmo mes do ano anterior. O último ano
supuxo un crecemiento de desempregados do 12,57%, cando no resto do Estado
esta porcentaxe supuxo o 10,84%, case dous puntos menos.
-O tecido produtivo desmorónase. Lugo sufriu 63 concursos de acredores de empresas
importantes nos últimos dez meses e unha continua sangría de pemes. Unha mostra clara da
parálise na producción é que, no que vai de ano, 94 empresas de transporte de
mercancías pecharon en Lugo, segundo datos de Tradime. Firmas como Tablicia, Cosmos
ou Alimentos Lácteos están en situación extrema. No sector lácteo a situación é
especialmente grave, xa que Lugo conta con máis de 28.000 persoas empregadas na
agricultura (0 22% da poboación ocupada de Lugo). Centos de granxas están pechando e os
informes falan da perda de milleiros de traballos nos próximos meses.
-Alcoa (que aporta entorno a un 35% do PIB da provincia e da que dependen unas 5.000
familias) segue sen ter un plan de viabilidade e un acordo para a súa permanencia e
investimentos na Mariña a medio-longo prazo, a pesar das promesas da Xunta e de Industria
en período electoral.
-A isto súmase a baixada de poder adquisitivo dos pensionistas, que son 6.000 en Lugo. A
suba do 1% cun IPC do 3,5% supón unha baixada real do 2,5%. Os pensionistas van sufrir
un recorte medio de 245 euros polo impago dos atrasos por desvío do IPC. Isto
súmase ao copago dos medicamentos.
-A repercusión da eliminación da paga extra de Nadal dos funcionarios, 20.000 na
provincia de Lugo, traerá unha perda de ingresos millonaria en datas claves para o
impulso da economía. Medidas como a nova lei de taxas xudiciais tamén influirán
negativamente nos recursos económicos, ademais delimitar de forma grave o acceso á
Xustiza.
-Nos orzamentos do Estado, as partidas destinadas para a pesca e o rural, un dos piares
fundamentais da nosa provincia, son desoladoras. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e
Medio Ambiente recorta un 25,4% con respecto ao ano anterior. Os fondos para programas
de desenrolo rural caen máis dun terzo; para competitividade e calidade da produción e
os mercados agrarios destinarán un 37,3 % menos; e a dotación para a previsión de riscos
nas producciónss agrarias e pesqueiras será de 204,9 millóns de euros, un 18,9 % menos.
-Seguindo cos Orzamentos do Estado, hai que falar tamén da absoluta parálise das
infraestruturas na provincia, e os recortes que por suposto tamén afectan de forma directa
aos lucenses como a educación (21,9%) onde as becas caen en máis de 45 millóns, un
novo engano do Goberno que asegurou que subían, dependencia, cun recorte de 283
millóns no nivel acordado coas CCAA cunha grave incidencia nunha poboación envellecida
como a nosa, sanidade (6,8%) ou axuda ao alugueiro dos mozos (34%).
-A todo isto hai que sumarlle un problema de extrema gravidade en Lugo: o
despoboamento do rural, con continuos recortes e falta de recursos e servizos que
impiden o afianzamento da poboación. De feito, segundo o INE, Lugo perderá un 7,5% da
súa poboación nos próximos dez anos. Non hai medidas de impulso, e Todas as decisións
tomadas desde o goberno central e a Xunta agravan este problema.
Todo isto e moito máis en só un ano. Desde o PSdeG preguntámonos onde leva
Rajoy, da man de Feijóo, a Lugo?

Exit mobile version