Site icon Crónica3.com A Mariña

Participantes no Foro local de AGE en Ribadeo acordaron constituírse como grupo de traballo

Onte tivo lugar o primeiro Foro local de AGE en Ribadeo, no que as persoas participantes acordaron constituírse como grupo de traballo co obxecto de recopiar, estudar e propoñer solucións aos problemas da veciñanza do concello de Ribadeo, e atender tamén aos de Barreiros e Trabada en tanto non exista un Foro local neles.

Así mesmo acordaron apoiar a convocatoria de folga xeral do vindeiro 14 de novembro e sumarse aos actos que os sindicatos convoquen na bisbarra, confiando en que se produzan con carácter unitario como aconsella a conxuntura de emerxencia social na que nos atopamos.

Finalmente se convocou unha nova xuntanza aberta do Foro local de Ribadeo para o vindeiro venres 8 de novembro para continuar as tarefas de deseño da estratexia e de creación da estrutura organizativa. As persoas participantes entenden que a súa labor deberá focalizarse neste momento na procura de solucións para os colectivos máis afectados pola crítica situación económica e laboral que padecemos.

Exit mobile version