A Asociación “Pasada das Cabras” de Burela ten previsto facer o vindeiro domingo día 11 de novembro a ruta da Marronda, no Cádavo de 12 quilómetros e dificultade baixa. O prezo será de 10 € para os socios e de 15 € para os non socios, a comida será por libre e a organización facilitará a xestión para comer o polvo na feira de Meira. Anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do venres día 9 de novembro ás 13,00 h.