Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescaron o “Pesca”

Pescaron o “Pesca”

Refírome o helicóptero que ten a súa Base en Celeiro. E non é que o pescaran cun anzol, foi coa parte mercantil das redes comerciais conque enredan os negociantes. O conto é que as Autoridades vendéronllo, traspasáronllo ou amañaron para non ser os donos de tan raros aparellos, como son os helicópteros e fixeron ese apaño pola metade do que custaron. Segundo a prensa “ Inaer, …compra por 13,7 millones unas aeronaves que costaron 27 en 2005” (Voz de Galicia 14/10) E fixeron ben, con eses cartos hoxe pódense comprar polo menos tres ducias de salvavidas de goma con deseño de Prada, e o mais importante é o que aforran en mantemento, en pilotos e axudantes, total un montón de cartos xa que estas aeronaves deberan estar en servizo de urxencias os trescentos sesenta e cinco días do ano, coa súa dotación de tripulación e servizo de 24 horas, día e noite. Saben vostedes cantos cartos fan falla para manter este servizo? Moitos, moitísimos, pois todo iso é o que aforran así que está xustificada tal operación e que se vaia esquecendo o Servicio de Gardacostas de Galicia e non sei que outro departamento de Salvamento Marítimo. Para qué os queremos agora si temos unha empresa privada que no lo vai facer todo? e ademais cómprannos os helicópteros vellos polo que todas son ganancias o que fai unha administración mais solvente. Como di o refrán ·O que vende o que ten, desempeña o que debe”(ou algo así)

Señores xa podemos estar seguros. O servizo de salvar vidas na costa esta privatizado e polo tanto, segundo a teoría dos que non saben levar un negocio, iso faino irreprochable e ademais “barato”. É porqué barato? Non será que todo este tinglado será financiado polos pobres mortos ou vivos, que teñan que salvar da bravura do mar? Por exemplo a empresa terá una lista de prezos mais ou menos así; por corpo recuperado do mar tantos euros, por mariñeiro vivo sacado do mar, tantos e mais euros , así ata chegar a salvar un pesqueiro e a súa tripulación que entón cobraran coma se fose a recuperación do Titanit

Así si que aforrara a Administración e pronto volveremos a ser todos ricos.

Despois de ler isto meu amigo Manolo díxome que estaba moi mal informado pois todo seguira sendo gratis para os accidentados, Quen seguira pagando é o Estado. A verdade é que me quedei moi sorprendido, por que entón, onde esta o aforro?

Segundo me explicou, o servizo estao dando a empresa pero cobrando un prezo por el.

E dicir, a administración tiña un gasto por manter este imprescindible servizo, e ó vendelo ou traspasalo ou o que sexa que fixeron, xa non teñen eses gastos.

Quen segue a ter eses gastos é a empresa que o fai, e ademais dos gastos por razón, por dereito, por lóxica, e por moitas voltas que lle deamos tamén debe ter uns beneficios.

Aclaremos as contas: a Administración tiñas gastos. Supoñamos que 100€

A empresa ten gastos mais beneficios; supoñamos que 100€ de gastos e 50€ de beneficios

O que quere dicir que xa non poderemos ser ricos co que aforre a administración xa que por desmantelar este servizo vai ter que pagar o que antes gastaba, mais os beneficios da empresa. Total que gastaremos mais e seremos mais pobres.

Pero o de cobrar o servicio ós náufragos a algún non lle parecería mal, e como dixo un experto en cobros de débedas, naufrago que non pagara, outra vez para o mar, iso si, con un salvavidas de deseño Prada.

Xosé Ruíz Leivas

Exit mobile version