Site icon Crónica3.com A Mariña

Tarde moi chuviosa e desapacible na tirada de bolos de Vilachá en Xove

Tirada do Centro social de Vilacha, sábado, 17 de novembro 2012

CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ ( 17 NOVEMBRO 2012)

31 INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION

NOME

TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO

JORDI MEITÍN SERANTES

308

12

SEGUNDO

JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

293

10

TERCEIRO

SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

292

8

CUARTO

JOSE VIGO LAGE

289

7

QUINTO

ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

283

6

SEXTO

CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

276

5

SÉTIMO

ARTURO VIGO CASABELLA

268

4

OITAVO

CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

252

3

NOVENO

MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

244

2

DÉCIMO

GINÉS RODRÍGUE FERNÁNDEZ

232

1

MELLOR BOLADA

JORDI MEITÍN SERANTES

98

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO

DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

184

6

SEGUNDO

LARA RODRÍGUEZ BAÑO

144

4

TERCEIRO

ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

120

3

CUARTO

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

94

2

QUINTO

MATEO MEITÍN LÓPEZ

91

1

MELLOR BOLADA

DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

54

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO

CARMEN ROCA CORRAL

178

6

SEGUNDO

DOLORES BAÑO FRAGA

174

4

TERCEIRO

LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ

140

3

CUARTO

BELÉN MEITÍN ROUCO

131

2

QUINTO

SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

127

1

MELLOR BOLADA

SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

66

1

31 inscritos: 18 na Liga Senior, 8 na Feminina Senior e 5 na Sub 18. Tarde moi chuviosa e desapacible.

Liga Senior Masculina.- A regularidade de José Rafael González está tendo o seu premio; Rafa, que despois de 7 tiradas, puntuando en todas elas, non baixando nunca do 5º posto, encarámase ao liderato con 53, sustituindo neste posto a Arturo Vigo que pasa á segunda posición con 51 puntos, un máis que o terceiro Sócrates Campo. Como vemos, máxima igualdade entres estes tres xogadore, seguidos a unha certa distancia por C. Javier Rodríguez 4º con 39 puntos, e César Cancelos 5º con 36. Estes cinco xogadores teñen un bó camiño andado cara o podium final. Xa bastante alonxados temos a Jose Vigo e un grupo de xogadores con 21 puntuos e menos.

Liga Senior Feminina.- Segunda victoria consecutiva da vixente campiona, grazas ao cal acada o coliderato con Belén Meitín, ambalas dúas con 29 puntos. As dúas teñen tres victorias cada unha no seu haber. Xa a unha certa distancia, Concepción Peiñeiro con 19 e Dolores Baño con 17 puntos respectivamente. Carmen e Belén, esta última única xogadora que puntuou nas 7 tiradas celebradas, son as xogadoras máis en forma, e moi posiblemente se disputen os dous primeiros postos finais, xa que o seu nivel está por riba do resto. Para o posto que queda no podium, o terceiro, Concepción Piñeiro e Dolores Baño son as principais favoritas, inda que todo pode cambiar, xa que faltan 11 tiradas por disputar.

Liga Sub 16.- Daniel López, grazas á victoria, sumada á mellor bolada, recupera o liderato, e con 36 puntos encabeza a clasificación con 4 puntos de ventaxa sobre Salomé Cardoso. Salomé realizou unha tirada penosa, nun dos campos que pior se lle dá seguramente de todo o circuito. Non nos cabe ningunha dúbida que na vindeira tirada de Morás vai vir enrabietada para tentar de encaramarse ao primeiro posto. A verdade é que Daniel estalle dando máis guerra da prevista á dobre campiona que é Salomé. Quen non acaba de despegar é Isaias, cun nivel de xogo máis baixo que o pasado ano, o que se traduce nunha certa distancia dos postos de cabeza. Por detrais destes tres, ven Lara Rodríguez, que coa súa menuda figura e os seus poucos anos, xa empeza a demostrar que temos unha gran xogadora en cernes. Lara e filla de dos campións coma C. Javier Rodríguez e Dolores Meitín, e irmán de Cristian Rodríguez; ousexa, unha familia de xogadores de toda a vida, xa que xunto con eles temos aos avós Arturo Rodríguez e Leonor Casabella, e o tío de Lara Moisés Rodríguez.

A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social de Morás ESTE VINDEIRO SÁBADO 24 DE NOVEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).

Exit mobile version