Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo inviste 40 mil euros no arranxo do parque do Xardín e beirarrúas da zona

O CONCELLO INVISTE MÁIS DE 40.000 EUROS NO ARRANXO DO PARQUE DO XARDÍN E NAS BEIRARRÚAS PENDENTES DESA ZONA. O ALCALDE AGARDA QUE AS OBRAS ESTEAN LISTAS ANTES DE FINAIS DE ANO.

Ribadeo, 16 de novembro de 2012. O Concello inviste máis de 40.000 euros no arranxo do parque do Xardín e nas beirarrúas pendentes desa zona. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que nenos e nenas volten disfrutar dos seus xogos antes de que remate o ano.

O rexedor dixo que “levamos varios meses de espera despois de que uns senvergoñas queimaran este parque infantil tan usado por tantos nenos e nenas deste barrio do Xardín, singularmente desta zona das vivendas sociais. E por fin estamos iniciando as obras de arranxo deste parque e de remate para completar esta urbanización á que lle quedaban unhas beirarrúas por facer e unha serie de elementos que van redundar na seguridade viaria dos veciños, dos peóns, e tamén na seguridade do parque porque vámolo poñer máis retranqueado, máis cara atrás, para que precisamente os vehículos non pasen pola beira, tal e como estaba sucedendo ata o momento”.

Suárez Barcia sinalou que “tivemos varios meses de espera porque para esta actuación pedímoslle unha axuda económica á Xunta de Galicia e despois de que lamentablemente o goberno autonómico non se acordara de Ribadeo á hora de botarnos unha man neste parque decidimos facelo cos nosos fondos propios”.

O alcalde ribadense agarda que “antes de que remate este ano no que estamos os nenos e nenas de todo ese barrio terán ese parque funcionando, máis seguro do que estaba e coas beirarrúas rematadas para maior seguridade e para distanciar os vehículos dos nenos que están xogando nesa zona pública recreativa”.

Exit mobile version