Site icon Crónica3.com A Mariña

Sesión golfa e teatro infantil na Casa da Cultura en Burela

O auditorio da Casa da Cultura acollerá o sábado, 17 de novembro, ás seis da tarde a representación teatral para o público infantil do grupo Alentía, de Palas de Rei, que porá en escena a obra O bosque da poesía. Ademais a Casa da Cultura acollerá o venres, 16 de novembro, ás 21:00 horas unha actuación de Quequé, cun monólogo titulado Sesión Golfa.

Exit mobile version