Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reelixe en solitario ao secretario do Parlamento de Galicia

Na sesión constitutiva que tivo lugar hoxe no Pazo do Hórreo para dar comezo á IX lexislatura autonómica

Jose Manuel Balseiro (PPdeG), reelixido secretario do Parlamento de Galicia

Esta é a segunda ocasión na que o deputado popular residente na Mariña lucense forma parte do órgano de dirección da Cámara autonómica.

Santiago de Compostela, 16 de novembro.- O deputado do PPdeG Jose Manuel Balseiro foi reelixido como secretario do Parlamento galego con 41 votos a favor –o número de parlamentarios que ten o seu grupo – na sesión constitutiva que tivo lugar hoxe no Pazo do Hórreo para dar comezo á IX lexislatura autonómica.

O Parlamento galego celebrou esta mañá a súa sesión constitutiva tras as eleccións do 21 de outubro, nas que o PP revalidou e ampliou a maioría absoluta,

A votación da secretaría da Mesa tivo lugar tras efectuar a elección da Presidencia, que recaeu na pontevedresa popular Pilar Rojo e dos dous postos de vicepresidencia que recae no ourensán Miguel Santalices do Grupo Popular e na deputada socialista Marisol Soneira.

Deste modo, populares e socialistas –aos que lles corresponde en función do resultado das últimas eleccións autonómicas- conforman o órgano de dirección da Cámara autonómica.

PRIMEIROS NOMEAMENTOS DE FEIJÓO

O mariñán Jose Manuel Balseiro, forma parte dos primeiros nomeamentos de Alberto Núñez Feijóo para a lexislatura 2012-2016, quen o pasado mércores confirmou a intención de propoñelo para o cargo para o que foi elixido hoxe.

A nivel orgánico Balseiro que exerce como secretario xeral do Partido Popular na Provincia de Lugo. Nesta ocasión encara a súa terceira lexislatura como parlamentario autonómico, cámara na que desempeñou funcións na portavocía do Mar (Pesca) e, na pasada lexislatura, tamén exerceu como na actual de secretario do órgano reitor do Parlamento.

Exit mobile version