Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ califica de irresponsable ao alcalde de Foz por decir que son culpa da oposición os males que padece o concello

No día de onte o Sr Alcalde dixo a opinión pública, que os males que padece Foz, son por culpa da Oposición.

Tales palabras so se poden calificar como unha irresponsabilidade do Sr Alcalde e o seu E.G,, por non saber gobernar, por non ter imaxinación, por non ter ideas,,,por estar claramente perdidos.

O mellor que pode facer por Foz o Sr Castiñeira e presentar a dimisión, e deixar que un equipo forte poda gobernar Foz, de outra forma distinta.

UNIFOZ, ten que preguntarlle ao Sr Alcalde:

-É culpa da oposición de que en festas este goberno leve gastado 105.000 €?,, 45.000 € fora de contabilidade.

-É culpa da oposición que o Sr Alcalde non decida gastar 1.500 € en pagar o importe do que consume o alumeado de Nadal?

-É culpa da oposición que Foz, non teña Xornadas da Historia da Educación; Bibliopraia; a oficina de turismo medio pechada, a Biblioteca medio pechada en setembro, anular o viaxe anual dos maiores, anulación do convenio co INSERSO , anulación do Tiro da corda…………..

Será culpa da oposición de que este goberno o ano pasado deixara fora de contabilidade preto de 500.000 €, que gastou demais,,??

É culpa da oposición de que os servizos de intervención e secretaria emitan informes de ilegalidades nas contratacións, en pagos de facturas, xustificación de contas a xustificar, plan de emprego,,,,???

E agora nos quere dicir que é culpa da oposición os males que este goberno xerou pola súa nefasta forma de gobernar, e a súa incompetencia.

Sr Alcalde, no presente ano 2012, o Concello terá que ingresar case 6 millóns de euros,,, e terá un aforro importante de non ter que pagar as pagas extras do traballadores municipais, traballe Vostede para que todos paguemos os impostos que nos corresponden.

Pasaron Vostedes todo o 2011 e parte do 2012, subindo e poñendo máis impostos ós veciños e sen traballar en reducir gastos.

Fíxese en algúns apuntes:

Anule vostede o seu viaxe a FITUR, onde o ano pasado foron Vostede a Sra Concelleira e outras persoas a pasear a Madrid.

Faga aforro enerxético apagando as luces de día, e controlando o gasto en edificios públicos, para que non funcione a calefacción cando os edificios está pechados.

Programe os plans de emprego para facer servizos municipais concretos e poder aforrar en gastos con empresa privadas, caso de empresa de Guntín para limpar aceras, ou empresas de xardinería.

Faga xestión para facer festas e actos lúdicos para que non lle custen nada ao Concello, e déixense de tirar de talonario.

Poña en marcha Vostede medidas para axudar a emprededores e a creación de novos postos de traballo.

Traballe para mellorar a axuda no fogar e axudar as persoas necesitadas, e en buscar patrocinadores para a feira do Libro.

Emprege a Pantalla luminosa para xeral ingresos para o Concello e déixese de publicitar QUERO FOZ, COIDO FOZ.

Axuden Vostedes ao comercio local, e déixese de perseguir e multar de forma persecutoria a algún comerciante.

Deixe vostede de practicar a prepotencia nos xardíns da Rapadoira e traballe para que os mesmos podan ser unha fonte de ingresos, para o Concello e o comercio local.

Atenda Vostede aos veciños/as, e non permita que haxa veciños que teñan na lista de espera preto de dous meses para poder falar con Vostede.

Cumpra Vostede a lei no pago a provedores , e deixe de pagar a uns si e outros a esperar.

Sería bo, que cando teña que negociar algo con algunha empresa o faga no concello por exemplo, e non teña necesidade de facelo en mesa e mantel co cargo aos veciños de Foz, como poidemos ver en algunha factura de comidas en restaurantes.

Cumpra Vostede a lei na convocatoria de emprego público.

Responda Vostede ante a Corporación, cumpra os acordos aprobados nesta, presente o informe de ese Súper porto, presente o anteproxecto da futurísima Residencia….

En definitiva, Srs Do PP de Foz a oposición, polo menos UNIFOZ, quere axudar a gobernar , pero Vostedes non se queren deixar axudar,,, simplemente non queren,

Exit mobile version