Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz manifesta que hai división entre o goberno do PP de Foz e o conxunto da oposición

Unifoz, ten que manifestar unha vez a división entre o goberno do PP de Foz e o conxunto da oposición, mentres o Sr Alcalde toma unha decisión o conxunto dos grupos da oposición ,PSOE, BNG e UNIFOZ, opinan outra cousa distinta.

A falta de diálogo e consenso de este Sr, que so practica a prepotencia e chulería respondendo a influencias dos que gobernan na sombra.

Diálogo e consenso, é algo máis que convocar a xunta de portavoces, e iso o puidemos ver na última xuntanza onde as formas e os malos modos do Sr Alcalde foron unha vez máis parte da xuntanza.

O Sr Alcalde dixo que defendería a opinión da Xunta de Portavoces, pois a mesma xa lle manifestou maioritariamente a súa opinión e así consta en acta da X.Portavoces, aínda que moito nos tememos que o Sr Alcalde so quería impoñer a súa decisión, basicamente amparada en criterio político, e dicindo que é mellor que cheire a cincocentos que non a cinco mil.

UNIFOZ, non quere unha EDAR que cheire nin en un emprazamento nin en outro.

UNIFOZ, non quere unha EDAR que contamine nin en un sitio nin en outro.

UNIFOZ, quere unha EDAR, que funcione, que sirva para non contaminar nin para molestar aos veciños, e que tampouco supoña unha hipoteca para os mesmos.

Estudados os informes técnicos sobre a posibilidade de MELLORAR A EDAR DE FOZ, e tendo en conta que a maioría dos residuos chegan a EDAR actual por gravidade, tendo en conta o menor custo económico tanta na construción como no posterior mantemento, tendo en conta que a mellora responde as necesidades que a empresa concesionaria solicita con respecto ao caudal que chega a mesma, tendo en conta que esas melloras técnicas son posibles, e tendo en conta que con ESTA MELLORA SEGUNDO OS INFORMES TÉCNICOS GARANTIZA QUE NON HABERÁ MALOS OLORES NIN CONTAMINACIÓN A RÍA..Unifoz decide apoiar o proxecto de mellora da EDAR actual de Foz.

Así mesmo esiximos ao Alcalde se poña a traballar de inmediato para facer realidade con carácter de urxencia este proxecto tan necesario para Foz , e se contemple no presuposto da Xunta de Galicia a partida suficiente para a súa posta en marcha e para o proxecto de separación de augas pluviais e residuais para o ano 2013.

Unifoz, pídelle ao goberno do PP de Foz, cumpra a decisión da Xunta de Portavoces, e se deixe de andar enfrontando aos veciños do Pobo , así como andar buscando informes partidistas e con falta de criterio e fundamento, así como manipular a información.

Os informes técnicos din que en algún momento puntual podía xurdir desbordamento na EDAR, algo que é lóxico pensar ante condicións extraordinarias meteorolóxicas puntuais, tendo en conta a cantidade de augas pluviais que chegan a EDAR en estes momentos, algo que xurdiría de igual xeito aínda que a EDAR estivera en outro lugar, tendo en conta que a ese lugar seguirían chegando todos os residuos para o posterior bombeo, así como os posibles malo olores.

UNIOZ, espera pois que o Sr Alcalde cumpra a súa moi deteriorada palabra, e non faga como xa nos ten acostumados de dicir unha cousa pola mañá e outra pola tarde ( dixo pactaría as bases coa corporación e non o fixo, aprobouse unha modificación para dotar de máis fondos a partida de S.Sociais co compromiso de contratar axuda no fogar e non o fixo, dixo que non podía pagar o alumeado de Nadal, e ao día seguinte o contrario, dixo que perigaban o salario dos traballadores e ao día seguinte desmentiuno …etc)

Exit mobile version