VINTEOITO ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE FOZ PARTICIPAN NA PONTE DA TAPA GALEGA DO 6 AO 9 DE DECEMBRO
Foz, 30 de novembro de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza a Ponte da Tapa Galega do 6 ao 9 de decembro. Nesta iniciativa 28 establecementos hostaleiros focenses ofrecerán tapas de especialidades típicas da gastronomía de Galicia, como diversas variedades de empanadas, caldo, polbo, mariscos da zona e outros produtos.
Os locais que participarán son A Funcional, A Maseira, A Rambla, A Rula, A Viña, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar O Taco, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Happy Days, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Costumes do Mar, Cafetería Xoyma, Casa Rural El Rincón de Anita, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel Restaurante Leytón, Mesón O Tangarte, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Restaurante Tangarte Mariñeiro, Restaurante Portochico e Restaurante Bar O Lar.
O prezo das tapas que ofrecerán ditos establecementos será de 1 euro.
ACIA Foz segue coa campaña de fidelización do comercio. Xa son máis de 3.000 as persoas que contan coa tarxeta do comercio de Foz, que ofrece descontos permanentes e promocións todo o ano. A tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila é gratuita. Os interesados en tela o único que teñen que facer é dirixirse aos establecimientos asociados e solicitala cando vaian facer unha compra. ACIA Foz subliña que tamén funciona como tarxeta regalo para obsequiar a familiares e amigos nas festas de nadal que se aveciñan.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos lembran que segue á venta a lotería de nadal nos locais asociados. O número é o 88.759.