Site icon Crónica3.com A Mariña

A liga de bolos de Xove rematou a primeira volta na tirada de Sumoas

(Centro Social de SUMOAS – Sábado, 1 de decembro 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE SUMOAS   (  1 DECEMBRO  2012)

31  INSCRITOS:  20   NA LIGA SENIOR,    4  NA LIGA SUB 18   E     7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 238 12
SEGUNDO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 232 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 228 8
CUARTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 205 7
QUINTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 204 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 201 5
SÉTIMO FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO 198 4
OITAVO JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ 192 3
NOVENO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 181 2
DÉCIMO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ 178 1
MELLOR BOLADA CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 85 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ 108 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 80 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 62 3
CUARTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 60 2
QUINTO 1
MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 44 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 83 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 63 4
TERCEIRO PAULA CAMPO SUÁREZ 30 3
CUARTO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 27 2
QUINTO DOLORES BAÑO FRAGA 27 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 37 1

Última tirada da primeira volta, ousexa,  vai metade da competición, xa que se realizaron 9 das 18 tiradas previstas para esta temporada.

Tarde fria e húmida. Campo en malas condicións debido as intensas choivas tanto do venres coma do sábado. Debido a isto, os tanteos foron bastante baixos, en especial nas Ligas Sub 16 e Senior Feminina, con bastantes cucadas.

Liga Senior Masculina.- Chegado ao ecuador da competición, cada vez está máis igualada a cabeza. Arturo Vigo é campión de inverno grazas aos puntos do terceiro posto, desfacendo o empate con J. Rafael González, quen só puido ser quinto. Por detrais Carlos Javier Rodríguez con 59 puntos debidos á súa victoria, que lle permite relegar ao cuarto posto a Sócrates Campo, quen estivo bastante frouxo nas dúas últimas tiradas.  En quinto lugar temos a César Cancelos con 54 puntos, cun xogo moi regular nas últimas tiradas, o que lle permite amezar o 4º posto de Sócrates e codearse cos mellores. En resumo, a segunda volta, que vai comezar o vindeiro 15 de decembro na bolera do Centro Social de Lago, preséntase apaixoante, con todo por decidir, e un amplo grupo de 5 xogadores que pode aspirar absolutamente a todo.

Liga Senior Feminina.- Arreón da vixente campiona coa súa cuarta victoria consecutiva, o que sen dúbida está facendo mella nas súas inmediatas perseguidoras, especialmente en Belén Meitín, quen nas últimas tiradas está xogando por baixo das súas posibilidades, notando moito a presión. Polo tanto, líder sólida Carmen Roca con 42 puntos, seguida de Belén Meitín con 34. Rematada a primeira volta, cremos que para o primeiro posto van ser estas xogadoras as que pelexen polo mesmo. Terceira temos a Dolores Baño e Concepción Piñeiro con 22 e 19 puntos respectivamente; estas dúas xogadoras inda podrían loitar polo segundo posto, pero terán que espabilar moito. Por detrais temos a unha Paula Campo, a cal, na súa primeira participación nesta competición, vemos que mellora semana a semana.

Liga Sub 16.- Nova victoria de Daniel López, terceira consecutiva, aumentando a súa vantaxe sobre Salomé en 9 puntos, con 49 e 40 putnos respectivamente. Daniel está intratable nestes intres,  con catro victorias e dous  segundos postos nas 6 últimas tiradas, feito que está poñendo nervosa a Salomé,   segunda clasificada e vencedora das dúas últimas edicións desta competición. Terceiro está Isaias Cardoso con 30 puntos, que parece contentarse con esta posición.

A vindeira tirada, e PRIMEIRA DA SEGUNDA VOLTA, vai ter lugar no Centro Social de Sumoas vindeiro SÁBADO 15 DE DECEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Normalmente a segunda volta comezábamola despois do Nadal, pero para facilitar as competicións do Club de Bolos Xove nos distintos torneos provinciais e autonómicos, decidimos adiantar unha semana a competición para rematala antes.

Exit mobile version