Site icon Crónica3.com A Mariña

56 dos 67 concellos da provincia adheríronse ao protocolo da Deputación para cofinanciar a teleasistencia

56 dos 67 concellos da provincia adheríronse ao protocolo proposto pola Vicepresidencia da Deputación para cofinanciar a Teleasistencia Domiciliaria

No 90 por cento dos concellos lucenses está garantida a continuidade do servizo de Teleasistencia Domiciliaria para 2013

Vicepresidencia agradece aos concellos de todas as cores políticas o seu esforzo a prol do benestar dos maiores

Lugo, 18 de decembro de 2012.   Máis de 1.370 lucenses seguirán sendo atendidos polo servizo de Teleasistencia Domiciliaria despois de que os seus concellos se adherisen ao protocolo popostosto pola Vicepresidnecia da Deputación para garantir a continuidade do servizo en 2013,

56 dos  67 concellos da provincia remitiron asinado dito protocolo polo que se acorda cofinanciar ao 50 por cento o servizo de Teleasistencia Domiciliaria despois de que o Goberno do Estado suprimise a partida orzamentaria do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade coa que, a través do IMSERSO, se finaciaba o 65% do custe do servizo, e tras a falla de resposta da Xunta de Galiza para facerse cargo de dita porcentaxe.

Dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo subliñan a colaboración amosada polos concellos de todas as cores políticas dado o esforzo que supón tanto para  eles como para a institución provincial que incrementa a súa aportación nun 15 por cento, pasando de aportar o 35 ao 50 por cento, pero aseguran que o primeiro debe ser o benestar das persoas.

Malia que o prazo xa rematou, é posíbel que se reciban máis aceptacións debido á comunicación entre os diferentes rexistro, co que o número de concellos podería ampliarse ata a práctica totalidade

Concellos que cofinanciarán ao 50% o servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Concellos Usuarios/Usuarias
A Fonsagrada 19
A Pastoriza 4
A Pontenova 7
Abadín 22
Alfoz 8
Antas de Ulla 2
As Nogais 1
Baleira 5
Baralla 17
Barreiros 13
Becerreá
Begonte 11
Bóveda 12
Burela 19
Carballedo 7
Castro de Rei 18
Castroverde 8
Cerventes 4
Chantada 41
Cospeito 21
Folgoso do Courel 2
Friol 23
Guitiriz 20
Láncara 11
Lourenzá 13
Lugo 365
Meira 7
Mondoñedo 25
Monforte 96
Monterroso 11
Navia de Suarna 2
Negueira de Muñiz
O Corgo 11
O Incio 9
Ourol 7
Outeiro de Rei 11
Palas de Rei 11
Pantón 15
Paradela 16
Pedrafita 6
Pol 20
Portomarín 8
Quiroga 36
Rábade 18
Ribadeo 115
Ribas de Sil 11
Ribeira de Piquín 1
Riotorto 5
Sober 36
Taboada 15
Trabada 4
Triacastela 3
Vilalba 90
Viveiro 60
Xermade 47
Xove 5
Total 1.374
Exit mobile version