Site icon Crónica3.com A Mariña

62 nenos e nenas do C.P.R Martínez Otero de Foz viron a Papa Noel por videoconferencia

62 nenos e nenas do C.P.R Martínez Otero achegáronse á Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Foz para manter unha videoconferencia con Papá Noel, que estaba ultimando os detalles dos agasallos en Laponia.
Cantáronlles cancións de Nadal e pedíronlle os seus agasallos, destacando as Monster High e Raio McQueen. Pola súa parte Papá Noel contoulles que tiña moito traballo cos seus elfos, pero que lles deixaría a cada un os seus desexos.

Exit mobile version