A actividade consiste nun planetario móbil no que se proxectan uns documentais sobre o universo. Levarase a cabo os días 27, 28, 29 e 30 de decembro, en horarios de 5 da tarde para socios da APA e 6 da tarde para nenos en xeral. O planetario móbil estará instalado no Cine teatro de Ribadeo. Nesta actividade colaboran o Concello de Ribadeo e a entidade bancaria La Caixa.