Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña” presenta a súa revista “Agarimo”

PRESENTACIÓN DA REVISTA AGARIMO, DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA”:

Mañá día 4 de Decembro, un día despois do Día Mundial das Persoas con Discapacidade, a Asociación de Axuda ó enfermo Mental “A Mariña” presenta a Revista Agarimo.

É un acto moi esperado por tódolos usuarios dos Centros de Rehabilitación Psicosocial , posto que se da a coñecer a súa revista, enteiramente terapéutica e realizada por eles. Así, as súas inquedanzas e soños quedan reflexados nunhas páxinas que servirán de soporte para o aumento da súa autoestima.

O acto celebrarase no Salón de Actos do Excmo. Concello de Burela (antigua Biblioteca) ás 18:00horas, e a él están invitadas todas aquelas persoas que o desexen e se sintan sensibilizadas co noso colectivo.

O acto estará presidido pola Presidenta da Asociación, Dna. María Iris Castro Meitín, e nel participarán D. Antón Veiga Outeiro, Vicepresidente Primeiro da Excma. Diputación de Lugo, D. Jorge Manchado Rivero, usuario dun dos Centros de Rehabilitación , como portavoz do sentimento de tódolos participantes neste proxecto e Dna. María José Nóvoa, Directora Técnica Xeral.

Exit mobile version