Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña celebra unha festa de Nadal

FESTA DE NADAL DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA”

Nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral dos que dispón a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, este xoves día 20 de Decembro, comezan as vacacións de Nadal para os nosos usuarios ata o día 8 de xaneiro cando se retomará a actividade terapéutica en ambos centros de Burela e Ribadeo.

Para celebrar esta data , faremos unha gran festa de Nadal onde todos os usuarios de ambos centros , xunto cos técnicos e a Presidenta da Entidade, disfrutarán dunha comida-baile no Hotel Nordés, e a continuación haberá grandes sorpresas….

Este ano, por primeira vez , tomamos a iniciativa de pedir a distintas entidades da Comarca a súa colaboración para que os nosos usuarios tamén poidan disfrutar dun agasallo en Nadal.

Así despois da comida farase un sorteo con todos aqueles agasallos que foron doados por tódalas entidades, ademáis de facer a entrega de distintos diplomas que foron concedidos ó longo deste ano.

A Directora Técnica Xeral, Dna. María José Nóvoa, agradece públicamente a todas aquelas persoas, entidades ou empresas a súa colaboración., xa que desta maneira a integración na Comunidade, das persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica, achégase máis a ser unha realidade…..

En primeiro lugar, debo nomear á Asociación Cultural A Adala, pola súa donación económica , que repercute no pago de boa parte da comida.

E por suposto a todas as seguintes, que sen o seu grao de area, esta festa non sería posible: Fundación Indecum, Eroski, C.D. Burela F.S Pescados Rubén, Farmacia Fraiz, Hotel Nordés, Tapería-Cervexería Barpanta, Distribuciones Carreiras, Decoraciones Pura, Restaurante Os Remos, Parafarmacia-Ortofarma Burela, Ferretería-Bazar El Puente, Farmacia O Parque, Dulce María Joven, Floristería Alecrín, Infotec, Estación de Servicio Vistalegre, Carlim, Calzados Tomás, Mesón do Porto, Mercería Paca, Enigma, Genma Cociña, Carmela Cociña, Cafetería O Trisquen, Cafetería Vistalegre e Arenal.

Exit mobile version