Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parto é Noso asegura que en neonatal do Hospital da Costa non se cumpren recomendacións da OMS e de Sanidade

NA UNIDADE NEONATAL DO HOSPITAL DA COSTA NON SE CUMPREN AS 3 RECOMENDACIÓNS BÁSICAS DA OMS E DO MINISTERIO DE SANIDADE

A Asociación O Parto é Noso ven de presentar o “Informe sobre a Accesibilidade das Nais e Pais nas Unidades Neonatais en Galiza e o Cumprimento dos Dereitos dos Bebés Ingresados”

A pesares de que as recomendacións estatais e internacionais indican que:

Os pais deben ter acceso as 24 horas ao neno/nena enfermo/a
A lactación materna debe ser a libre demanda sen restricións na duración e frecuencia das tomas, e
Se debe por en práctica o Coidado Canguro durante o ingreso dos acabados de nacer na unidade neonatal

O Hospital da Costa non cumpre con estas recomendacións xa que:

Os pais e nais ven restrinxida a súa entrada á unidade onde os seus fillos e fillas se atopan ingresados
Non se realizan os Coidados Canguro, fundamentais para a saúde dos acabados de nacer
A existencia de niños contradí as recomendacións do Ministerio de Sanidade de erradicar ditas salas e favorecer o ingreso de nai e fillo ou filla na mesma habitación

Hai, polo tanto, un amplo marxe de mellora. A Unidade Neonatal debería revisar e actualizar os seus protocolos conforme ás recomendacións dos organismos sanitarios estatais e internacionais e atender aos seus pacientes garantindo os seus dereitos e proporcionándolles o mellor servizo sanitario posible.

O Informe tamén pon de manifesto que ningún dos outros 13 hospitais ou clínicas con Unidades Neonatais de Galiza cumpren con estas 3 boas prácticas básicas.

http://www.elpartoesnuestro.es/blog/2012/11/30/galicia-ninguna-de-las-unidades-neonatales-cumple-las-3-recomendaciones-basicas-del-ministerio-de-sanidad-y-oms

http://www.elpartoesnuestro.es/

Exit mobile version