Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Ensino denuncia que o IES de Ribadeo funciona coas obras sen concluír e sen entregar

O IES DE RIBADEO FUNCIONA COAS OBRAS SEN CONCLUÍR E SEN A OBRA ESTAR ENTREGADA

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación puxo a funcionar no mes de setembro o IES Porta da Auga coas obras sen concluír, sen os certificados pertinentes, e, polo tanto, sen estar a obra entregada. E esta é a situación na que se encontra neste momento, con problemas de electricidade, calefacción e telefonía, que están sendo provisionalmente remediados para poder funcionar con diñeiro do propio centro, diñeiro que debería ser adicado ao simple funcionamento.

A CIG-Ensino considera unha tremenda irresponsabilidade a da Consellaría de Educación por obrigar a comezar o curso nun centro que legalmente non pode ser habitado e no que todos os días lectivos estudan ou traballan centos de alumnos, profesores e persoal de administración e servizos.

A CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación as medidas necesarias e urxentes para que toda a comunidade escolar do IES de Ribadeo poida levar adiante o seus labores sen estar sometidos a esta situación de e dunha gravísima falta de seguridade

Exit mobile version