Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación lanza a través da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes rutas turísticas á carta para multiplicar as oportunidades económicas do Km0

A Deputación lanza a través da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes rutas turísticas á carta para multiplicar as oportunidades económicas do Km0

– A institución e a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes asinan un convenio para que estas oferten por vez primeira rutas pola provincia co novo Km0.Mueve Lugo

– É o novo proxecto que promociona a provincia no seu conxunto, aberto a todo o mundo, sufragado integramente polos viaxeiros -dende 9 euros en diante- e sen custe para o organismo provincial

– O Presidente manterá, proximamente, unha reunión para que máis establecementos da provincia se sumen co fin de superar os 1.370 empregos que mantén o Km0 ó colaborar con 250 empresas e acadar beneficios de 1,5 millóns de euros

A Deputación lanza a través das Asociación Provincial de Axencias de Viaxes luguesas rutas turísticas á carta por toda a provincia co Km0.Mueve Lugo. É o novo proxecto que a institución provincial ofrecerá inicialmente a través de dito colectivo –AGAVI- e que promocionará a provincia no seu conxunto. O titular provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Delegado en Lugo da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes, José Quiroga López, asinaron este xoves o convenio para a posta en marcha desta iniciativa en xaneiro. Gómez Besteiro explicou que o seu obxectivo é multiplicar as oportunidades económicas que xera na provincia o Km0, a programación que mantén 1.370 empregos directos en sectores estratéxicos como a hostalería, o comercio, a artesanía ou o turismo, mediante a colaboración con 250 empresas luguesas, que xa suman beneficios de 1,5 millóns de euros grazas á participación de 40.000 persoas. “Non queremos morrer de éxito senón seguir avanzando nesta liña”, engadiu o Presidente. Pola súa banda, Quiroga López agradeceu “a oportunidade que ofrece a Deputación ás axencias da provincia ante a crise que estamos a atravesar no sector”, explicando que dende estes establecementos “tentamos poñer en marcha rutas pola provincia en distintas ocasións pero resultounos imposible porque non temos medios. É imprescindible o coñecemento que ten esta Casa para planificar os itinerarios que agora por fin comercializaremos as axencias. Este é un proxecto con futuro”.

O titular provincial presentará, proximamente, este proxecto a establecementos de toda a provincia para que se sumen ó Km0.Mueve Lugo. Isto fará posible, non só que as axencias de viaxe lucenses ofrezan por vez 1º rutas pola provincia, senón que o fagan á carta incluíndo toda a oferta turística, gastronómica ou de lecer existente, beneficiando a un maior número de autónomos e PEMES lucenses.

O novo programa ofrecerá todo tipo de servizos: aloxamento, comidas, actividades de multiaventura, visitas guiadas a museos, parques naturais, lonxas, adegas, queixerías, fábricas de embutidos, obradoiros artesanais, establecentoa de produtos autóctonos… Deste xeito, haberá rutas para grupos de todas as idades en galego, castelán e en inglés.

Os interesados terán que dirixirse ó departamento Km0 da Deputación ou ben consultar a páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.org), onde atoparán toda a información ó respecto a partir de xaneiro.

Rutas dende 5 euros

A Deputación será a encarga de planificar as rutas en coordinación coas axencias de viaxes. o organismo provincial, con persoal propio, actuará como oficina central de reservas para planificar os itinerarios solicitados nas axencias. Isto permitirá, ademais, pechar as rutas coas empresas lucenses colaboradoras ó prezo máis vantaxoso. O custe da ruta empezará nos 5 euros e dependerá dos servizos á carta que se queiran incluír.

Exit mobile version