Site icon Crónica3.com A Mariña

A escola de Fondos

A ESCOLA DE FONDOS

Mañán, martes, ás 5 da tarde vai ter lugar, na gardería infantil a presentación do libro de Antón Niñe, entusiasta estudoso do pasado do noso concello, de consideracións que teñen que ver con aspectos que reflicten cuestións referidas aos valores humanos, culturais e sociais das nosas xentes; o libro titúlase: “ Fondós, de escola a Gardería Infantil”, feito ao que o cronista concede moi sinalada importancia porque a obra de Antón significa a recuperación da memoria do que, para nós, constitue un dos episodios mais transcendentes e gratificantes do currículo do noso pobo; acontecemento histórico do que os focegos temos moi vagas referencias, pouco mais alá de que na súa escola foron ensinantes dous mestres ilustres: Noriega Varela ou Salgado Toimil ou que en tempos a planta baixa utilizouse como depósito dos presos. Sabemos sí, que se trata da Fundación Pascual Villapol porque dende os anos sesenta, que mandara colocar o alcalde Beltrán, unha placa figura na súa fachada. Pero, ¿quén era o focego que dende Perú enviara os medios para o seu financiamento e a quen a institución municipal nunca concedeu honra espallando o seu nome e a historia, nen sequera adicando unha rúa como fixo, por exemplo, con Gorbachov…? As vellas paredes de Fondós son depositarias de moitas páxinas focegas: aquí Noriega casou con Ramona Bello; aquí finou súa nai e aquí o “Cantor da Montaña” tivo a dramática oportunidade de adicar ao seu primeiro fillo os desgarradores versos: “Fillo do corazón, que nas meniñas/ dos teus ollos levache os meus amores/ descansa eternamente entre flores/ que non te ei de olvidar entre as espiñas./ Se as bagoas de túa nai e as bágoas miñas/ non te resucitaron…¡xa nacores!;/ este mundo é o liñeiro das delores/ e o ceo ¡fixoo Dios para as esterliñas!/ A Virxe te acobexe no seu manto/ e, xa que é tan cativa a miña sorte/ que non me valeo nada achousar tanto,¡ pide que a triste vida se me acorte: / mellor quero ir para o camposanto,/¡que vivir recordando a túa morte!.” Mais alá da grande labor pedagóxica mentar a Salgado e lembrar ó fillo adoptivo, ó escritor e ó benfeitor social…

Suso Fernández

Exit mobile version