Site icon Crónica3.com A Mariña

A estratexia web para a promoción do turismo lucense presentarase o luns en Ribadeo

A ESTRATEXIA WEB PARA A PROMOCIÓN DO TURISMO LUCENSE PRESENTARASE O LUNS EN RIBADEO

O portal LugoTerra servirá desde o 11 de xaneiro de plataforma para que o sector turístico aproveite este soporte para a súa promoción nos 4 xeodestinos lucenses, como é o caso do xeodestino da Mariña

A Deputación pon a dispor do sector turístico lucense unha ferramenta web que será importantísima para que este poida posicionar as súas ofertas e iniciativas

Lugo, 15 de decembro de 2012. O vindeiro luns, 17 de decembro, a Área de Turismo da Deputación manterá ás 5 da tarde na Casa do Concello de Ribadeo unha xuntanza co sector turístico e hostaleiro da Mariña para presentar a nova iniciativa web coa que a Área de Turismo da Deputación de Lugo vai realizar as súas accións de promoción do turismo lucense. Trátase dunha nova páxina web, mellorando o posicionamento da existente “LugoTerra”, e que pretende fornecer o soporte web, que a Deputación poña os medios para dar visibilidade ao sector turístico privado e que sexan os propios profesionais quen acheguen os seus contidos, as súas ofertas, as súas experiencias. Esta presentación xa se realizou en Lugo e Becerreá e vaise realizar nos diferentes xeodestinos coa intención de espertar a iniciativa turística para que propoñan os seus contidos para a nova web até o 11 de xaneiro, data na que se abrirá o portal ao público.

A nova web significa unha revolución con respecto ao que se veu facendo ata o de agora, xa que a través da web preténdese lograr que as empresas do sector sexan as protagonistas. Para iso, a web contará cun directorio de profesionais no que o sector privado terá a posibilidade de promover as súas ofertas e experiencias de ocio (de natureza, culturais, gastronómicas, sexa cal sexa) grazas á plataforma da Deputación de Lugo. É dicir, a Área de Turismo da Deputación de Lugo pon os medios necesarios e son os profesionais quen fan uso desa plataforma para promocionar as súas experiencias. Isto realizarase tanto a través das empresas de comercialización como de axentes e entidades asociativas con implicación na actividade turística en toda a provincia. Isto vai ter unha importancia moi grande, xa que grazas a isto todos aqueles axentes turísticos dunha zona como a Montaña de Lugo que se sumen á páxina estarán centralizados neste Xeodestino e cada visitante da páxina que propoña visitar esta zona da provincia poderá en poucos clics e con sinxeleza optar a todas as ofertas de actividades e experiencias de ocio que nesta zona desenvolve o sector turítico privado.

Exit mobile version