Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Eu Son organiza unhas xornadas de portas abertas

A FUNDACIÓN EU SON XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A Fundación EU SON organiza mañá, venres 22 de Decembro en horario de catro a seis da tarde, a “III Xornada de Portas Abertas” dirixida ás familias dos usuarios/as do Centro Ocupacional e do Centro de Dia. Esta actividade, que se organiza anualmente por estas datas de Nadal, pretende ser unha xornada na que profesionais, usuarios e familias intercambien opinións e compartan experiencias sobre as novidades acaecidas ao longo deste ano na Entidade.

Así mesmo, aproveitase a ocasión para facer entrega do anuario “Eu Son Voz” elaborado por un grupo de traballo composto por usuarios/as do Centro Ocupacional . Este anuario recolle, dende o punto de vista dos usuarios/as da Entidade, tódolos eventos, actividades e obxectivos que se realizaron e/ou alcanzaron ao longo deste ano.

A xornada remata cunha degustación de produtos típicos destas datas entre todos os asistentes.

Dende a Fundación Eu Son aproveitamos a ocasión para desexarlle un bo Nadal e un feliz aninovo a tódolos colaboradores que fan posible que esta Entidade sega medrando.

Exit mobile version