Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Nacional Xuvenil recibe o Leis en Vista Alegre

A Liga Nacional Xuvenil recibe o Leis en Vista Alegre

Nunha xornada na que os equipos sénior burelistas teñen que facer as maletas, a esperanza de gozar do fútbol sala de Vista Alegre recaerá na Liga Nacional Xuvenil, coa visita do Leis Pontevedra, o domingo, ás 12.00 horas.

O sábado tamén xogará en Vista Alegre o ED EON Burela FS Infantil A, que recibirá ás 11.00 o ACD Xove, e o Alevín fronte á Pontenova, ás 11.50 horas.

O resto dos compromisos laranxas será lonxe da casa. En Autonómica, xuvenís, cadetes e infantís viaxarán a Guitiriz; Xove será o destino dos cadetes, en Deporte Escolar, e dos prebenxamíns, na Liga da Mariña; e Riotorto acollerá a cadetes e infantís, tamén en Deporte Escolar.

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS-Leis Pontevedra

Domingo 16 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Xuvenil

Concello de Guitiriz-Burela FS (10ª xornada adiantada)

Domingo 16 de decembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Guitiriz

Liga Autonómica Cadete

Concello de Guiritiz-Burela FS

Domingo 16 de decembro, ás 17.30 horas, no pavillón de Guitiriz

Liga Autonómica Infantil

Concello de Guitiriz-ED EON Burela FS

Domingo 16 de decembro, ás 16.00 horas, no pavillón de Guitiriz

Deporte Escolar

ACD Xove Cadete-Burela FS Cadete A

Sábado 15 de decembro, ás 10.30 horas, no pavillón de Xove

EDM Riotorto Cadete-Burela FS Cadete B

Sábado 15 de decembro, ás 11.00 horas, no pavillón de Riotorto

ED EON Burela FS Infantil A-ACD Xove Infantil

Sábado 15 de decembro, ás 11.00 horas, no pavillón de Vista Alegre de Burela

EDM Riotorto Infantil-ED EON Burela FS Infantil B

Sábado 15 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón de Riotorto

ED EON Burela FS Alevín B-EDM Pontenova Alevín

Sábado 15 de decembro, ás 11.50 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Prebenxamín da Mariña

ACD Xove-ED EON Burela FS

Domingo 16 de decembro, ás 19.30 horas, no pavillón de Xove

Exit mobile version