Site icon Crónica3.com A Mariña

A paisaxe de Burela protagonista interdiciplinar no I.E.S. Perdouro

A PAISAXE DE BURELA, PROTAGONISTA INTERDISCIPLINAR NO I.E.S. PERDOURO

“Doce meses, doce paisaxes” é o proxecto interdisciplinar que,conxuntamente, alumnado e profesorado de 1º de E.S.O. do I.E.S. Perdouro desenvolverán ao longo do curso 2012-2013. Enmarcada no Plan Proxecta que a Consellería de Educación deseñou en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, esta iniciativa ten como obxectivo principal que a comunidade educativa reflexione -dun xeito interdisciplinar- sobre a realidade paisaxística coa que convivimos.
Como medida de apoio ao traballo realizado nas aulas ordinarias, a coordinadora do Plan Proxecta -a profesora María José Andión Fontela- programou un conxunto de tres sesións extraordinarias nas que participarán persoas moi coñecedoras do espazo xeográfico de Burela.
Este pasado martes 18 de decembro comezou este ciclo de charlas-coloquio sobre diferentes aspectos paisaxísticos coa intervención de Toncho Trelles, mediador de xestión cultural, que compartiu a súa particular visión sobre o feísmo na vila -apoiándose en imaxes ben ilustrativas de estilos de edificios, murais e fachadas- e que mostrou as posibilidades de rexeneración á vista de proxectos artísticos doutros lugares.

Exit mobile version