Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña irá ao debate da ILP para a defensa da sanidade en Galiza

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acudirá ao debate da ILP mañá martes ao Parlamento Galego.

Mais de 30.000 sinaturas demandan por medio desta proposición de lei de iniciativa popular a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza.

A Plataforma mariñá tamén estará representada nunha concentración prevista fora do Parlamento

A Mariña, 17 de decembro de 2012. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña que forma parte de SOS Sanidade Pública á súa vez integrada por organizacións veciñais, sindicais, de usuarios, profesionais sanitarios, ONGs, partidos políticos, concellos, etc, promoveu unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega (impulsada polo o actual Goberno Galego), co fin de garantir o dereito constitucional á saúde da cidadanía galega

A proposición de Lei pretende a xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción de saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.

Durante 4 meses as Plataformas Galegas que integran SOS Sanidade Pública, xunto con outros colectivos desenvolveron actividades de información, debate e mobilización social recollendo sinaturas en todas as áreas sanitarias de Galiza, incluída a área norte na se encadra a nosa comarca e que ten como centro hospitalario de referencia o Hospital da Costa de Burela. Estas alcanzaron a cifra de 30.000 moitas máis das 15.000 esixidas.

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña enviará unha representación ao debate parlamentar, xunto con outras plataformas do país, e estará presente tanto dentro do hemiciclo como fora, onde está prevista unha concentración. Igualmente remitiu en día pasados un correo electrónico ao conxunto das persoas que forman parte do Grupo Parlamentar do PP para instalos a quen tomen en consideración esta Proposición de Lei que nace da vontade da cidadanía preocupada pola progresiva degradación e privatización da sanidade pública.

Os puntos da ILP son

1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos e galegas.

2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galiza.

3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesíbel, equitativo e eficiente.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.

———-
Page 1
Á
MESA DO PARLAMENTO DE GALIZA
MARÍA JOSÉ ABUÍN ÁLVAREZ, con NIF 31.836.309-P; JAVIER ALONSO
VITURRO, con NIF 76.966.213-W; ARÍSTIDES ÁLVAREZ ARCE, con NIF
34.585.950-E; CARLOS JESÚS ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, con NIF 10.069.495-A;
MARÍA ISABEL GARCÍA DÍAZ, con NIF 33.835.839-X; MARÍA DOLORES
GONZÁLEZ LORENZO, con NIF 52.451.481-G; MANUEL GONZÁLEZ MOREIRA,
con NIF 36.020.822-Q; XOSÉ MIGUEL LÓPEZ PÉREZ, con NIF 32.616.654-D;
MANUEL MARTÍN GARCÍA, con NIF 51.696.245-L; JAVIER MARTÍNEZ FENTE,
con NIF 35.440.603-H; MARÍA JESÚS MÉNDEZ CONDE, con NIF 33.812.825-L;
VERÍSIMO PAZOS BESADA, con NIF 35.194.016-Z; CARLOS PIÑEIRO DÍAZ, con
NIF 32.612.112-K; VICENTE VÁZQUEZ FREIRE, con NIF 44.827.095-A; RAMÓN
VERAS CASTRO, con NIF 32.446.591-P, todos/as eles/as maiores de idade, coa
condición política de galegos/as e inscritos/as no censo electoral; con domicilio para
efectos de notificacións na rúa de Miguel Ferro Caaveiro, núm. 1 O, 15703 Santiago
de Compostela; teléfono 981 564 300; fax 981 571 082; comparecen perante a Mesa
do Parlamento de Galiza en calidade de Comisión Promotora da presente iniciativa e
EXPOÑEN:
Que consoante a o disposto no artigo 4 da Leí 1/1988, do 19 de xaneiro,
formulan escrito de promoción de
INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR,
co
seguinte contido:
l.
De conformidade co disposto na letra b) do artigo 4 da Leí 111988, do 19 de
xaneiro, as razóns que aconsellan a tramitación e aprobación polo Parlamento de
Galiza da presente proposición de leí céntranse na necesidade de dar voz aos
amplos sectores da nosa sociedade que demandan unha resposta lexislativa que
sirva de freo ás actuais políticas de privatización ou apertura ao mercado do sector
público sanitario, que producen un contrastado empeoramento da calidade
asistencial e un enorme aumento dos custos sanitarios. Alén desta opción expresa
pola xestión pública directa das institucións sanitarias do Sistema de Saúde de
Galiza, a proposición de leí aspira a incrementar a calidade e a eficacia do servizo
público sanitario, mediante o incremento da capacidade resolutiva en atención
primaria e a racionalización do mapa sanitario. Estas medidas leñen a finalidade
común de achegar o servizo público á cidadanía e preservar o seu carácter público,
universal e gratuito.
11.
De acordo coa letra a) do artigo 4 da Lei 111988,
do -11Í-®xaooim, – – –
exponse a seguir o texto articulado da proposición de lei, precedido dunha
exposición de motivos:
PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA POPULAR, PARA A DEFENSA
E
A PROMOCIÓN DA SANIDAD E PÚBLICA EN GALIZA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O artigo 43 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde,
correspondendo aos poderes públicos organizaren e tutelaren a saúde pública,
mediante as medidas preventivas, as prestacións e os servizos necesarios.
É
competencia da Comunidade Autónoma de Galiza, consonte aos artigos
148
e
149
da
Constitución e ao artigo 33 do Estatuto de Autonomía de Galiza, o desenvolvemento
lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade
interior, así como en materia de Seguridade Social, excepto as normas que configuran
o seu rexime económico.
A sanidade pública constitúe -xunto co ensino e os demais servizos públicos-
un elemento básico do Estado Social e un claro indicador de equidade e
solidariedade. N as últimas décadas, porén, es tes principios aparecen cuestionados
por unha campaña neo liberal de ataque e desmantelamento dos sistemas públicos de
saúde. A decisión de combinar unha redución do orzamento sanitario co recurso ao
sector privado para construir, restaurar, equipar e xestionar os centros sanitarios leva
o sistema a unha situación de limitación dos recursos necesarios para o mantemento
da actividade dos servizos, e a un grao de endebedamento incompatíbel co sustento
do sistema público, cando menos nas condicións actuais de universalidade e
gratuidade no momento do uso, e que garanten a accesibilidade á atención de saúde
en condicións equitativas para toda a poboación.
A finalidade da presente Leí é frear esa tendencia privatizadora, mediante a
defensa e promoción da sanidade pública galega como garantía para a efectividade do
dereito constitucional á protección da saúde.
A Leí opta expresamente pola xestión pública directa das institucións
sanitarias do Sistema de Saúde de Galiza, na liña histórica marcada pola Lei
14/1986,

do
25
de abril, xeral de sanidade. Rexéitanse así as fórmulas de colaboración
pbli!Jóc’

privada (private finance initiative ou concesión de obra pública), que en paises
ero-
73-:Dlo
nos o contorno produciron un contrastado empeoramento da calidad e asistencial e un _________ _
enorme aumento dos custos sanitarios.
A presente Lei pretende mellorar o serv1zo público prestado á cidadanía
incrementando a capacidade resolutiva en atención primaria como instrumento de
achegamento dos servizos de saúde ao territorio e que terá unha grande incidencia na
redución dos tempos de espera hospitalaria.
Finalmente, a Lei configura un sistema de xestión descentralizado
territorialmente, promovendo a autonomía das areas sanitarias, sen que isto supoña
a renuncia a decisións centralizadas sobre cuestións concretas que melloren a
efectividade das decisións.
TEXTO ARTICULADO DA PROPOSICIÓN DE LEI
Artigo
1.
Sanidade pública e dereito
á
saúde.
A presente Lei ten por obxecto a defensa do carácter público da sanidade
como servizo universal, gratuito e de calidade, responsabilidade do Goberno galego
no exercicio das suas competencias, como garantía para a efectividade do dereito á
protección da saúde que recoñece o artigo 43 da Constitución.
Artigo
2.
Xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza
1.
A Comunidade Autónoma de Galiza manterá o carácter público da
titularidade, financiamento, xestión e provisión dos servizos sanitarios e socio-
sanitarios.
2.
A prestación e xestión dos servizos sanitarios e socio-sanitarios do Sistema
de Saúde de Galiza deberá levarse a cabo con medios propios ou mediante acordos,
convenios ou contratos con persoas ou entidades públicas. Excepcionalmente,
poderá utilizarse a sanidade privada como complementaria, subsidiaria e de modo
temporalmente limitado.

DE
GAUCU1,
1
Artigo 3· Capacidade resolutiva en atención primaria.

O Servizo Galego de Saúde promoverá de xeito prioritario, coa dotación
necesaria de persoal e medios tecnolóxicos, a mellora da capacidade resolutiva dos
servizos de atención primaria, cunha cobertura equilibrada en todo o territorio galego
e para toda a poboación, como instrumento fundamental de mellora da atención
sanitaria.
Artigo 4· Descentralización da xestión sanitaria.
1.
Mediante decreto da Xunta de Galiza ordenarase territorialmente o Sistema
de Saúde de Galiza nas seguintes áreas sanitarias, que terán como cabeceira a
localidade en que radica o respectivo hospital ou complexo hospitalario: Ferro!, A
Coruña, Santiago de Compostela, Cee, O Barbanza (Ribeira), A Mariña (Burela),
Lugo, Terra de Lemos (Monforte de Lemos), O Salnés (Vilagarcía de Arousa),
Pontevedra, Vigo, Ourense, Valdeorras (O Barco de Valdeorras), e Verín.
2.
N os termos previstos no artigo 56 da Leí xeral de sanidade, cada unha das
áreas sanitarias ten encomendada a xestión unitaria dos recursos sanitarios de
atención primaria e especializada do seu ámbito territorial, así como as prestacións e
programas sanitarios que desenvolven.
Disposición derrogatoria. Fican derrogadas as normas de igual ou inferior
rango que se opoñan ao disposto na presente leí.
Disposición derradeira primeira. Autorizase a Xunta de Galiza a ditar
cantas disposicións regulamentarias sexan necesarias para o desenvolvemento desta
leí. N o prazo de seis meses a partir da súa entrada en vigor, a X unta aprobará o
decreto de ordenación territorial do Sistema de Saúde de Galiza ao cal fai referencia a
alínea
1
do artigo 4 da presente leí.
Disposición derradeira segunda. A lei entrará en vigor ao día seguinte da
súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Polo exposto, os membros da Comisión Promotora

SOLICITAN
Á
MESA DO PARLAMENTO DE GALIZA:
Que
teña-
formulado o presente escrito de promoción de iniciativa lexislatilia
popular,,=toio
acordando a súa admisión a trámite para, unha vez cumpridos os trámites legais,
incluida a recolla e presentación de, como mínimo, quince mil sinaturas debidamente
autenticadas de cidadáns, publique a presente proposición de leí conforme ao artigo
123 do Regulamento da Cámara para a súa toma en consideración no Pleno e
subseguinte tramitación parlamentaria.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2011

Exit mobile version