Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pretende despedir 3 persoas dos centros comarcais de Viveiro e Mondoñedo

MARTES, ÁS 10:30h. RECONCENTRAR DIANTE DO CENTRO COMARCAL DE VIVEIRO EN DEFENSA DOS NOSOS POSTOS DE TRABALLO.

A XUNTA DESPIDE TRABALLADORAS DOS CENTROS COMARCAIS DE MONDOÑEDO E VIVEIRO

Xusto un mes despois das eleccións a Xunta de Galicia pretende executar un despedimento colectivo e sen dereito a indemnización en AGADER que deixará 23 persoas na rúa. Na súa maioría mulleres, 21 traballaban na rede de Centros Comarcais e outras dúas na sede central en Compostela.

Nas últimas xornadas, coincidindo cos debates e a sesión de investidura, as traballadoras levaron a cabo diferentes mobilizacións co fin de dar a coñecer a súa situación e reclamar a súa readmisión en AGADER.

A Axencia pretende xustificar os despedimentos alegando unha redución da carga laboral, sen embargo, elude aclarar que esta redución foi propiciada pola propia empresa, que no último ano reduciu de maneira deliberada a carga de traballo dos centros co fin de xustificar agora o seu peche. Desde xaneiro do 2012 os centros comarcais sufriron un abandono total, chegando incluso a prescindir dos servizos máis mínimos (déronse de baixa a limpeza e todos os recibos de subministros: a auga, a luz, a calefacción…) ó tempo que se impedía o desenvolvemento normal das actividades, pois retirouse boa parte da exposición permanente e non se autorizaron nin exposicións temporais nin actividades de sala (tales como cursos ou conferencias). Por outro lado, AGADER acumula expedientes en tramitación e mesmo chega a autorizar horas extraordinarias de traballo ó mesmo tempo que despide xente.

O despedimento destas 23 persoas supón o peche efectivo da rede de 16 Centros Comarcais que viñan traballando polo rural galego, pero non o cese de todo o seu persoal. AGADER despide xustamente a aquel persoal que xa fora vítima dunha cesión ilegal de traballadores debido a unha contratación ilegal e que con tal motivo tiña sentenzas xudiciais previas que condenaban á Administración. A Xunta de Galicia, á que pertence a Axencia, acusa ó persoal de non ter pasado unhas probas de selección que nunca convocou.

No que refire á Mariña, esta decisión tradúcese no despedimento de 3 traballadoras e no peche dos dous centros comarcais: en Mondoñedo e en Viveiro, que antes do seu desmantelamento ó longo do 2012 atenderon a decenas de miles de mariñaos e visitantes.

Exit mobile version