Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos de Lourenzá achegan xoguetes para familias pobres

TODOS OS ALUMNOS DO COLEXIO JUAN REY APORTARON XOGUETES PARA QUE A CRUZ VERMELLA OS DESTINE A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS.

Lourenzá, 14 de decembro de 2012. Todos os alumnos do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, aportaron un xoguete, e algúns levaron varios, no acto organizado polo Concello, que se celebrou na tarde de onte, para colaborar coa Cruz Vermella na recollida de xogos para entregar a familias con escasos recursos. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, comentou que “isto demostra a solidariedade dos nenos e tamén que esta acción está ben encamiñada, posto que os máis pequenos entenden a lección”.

A rexedora municipal lembrou que este acto xa se fixera o ano pasado “pero naquela ocasión non todos aportaran; en cambio nesta edición todos os nenos sen excepción trouxeron xoguetes”.

Emma Álvarez dálle as grazas “ao director e ao equipo docente do colexio por deixarnos facer esta obra social no centro e tamén aos membros da Cruz Vermella de Burela que se acercaron para estar na recollida de xoguetes e entregaron aos nenos unhas postais como recordo deste acto solidario”.

Exit mobile version