AMARANTE Setem presenta a súa Campaña de Nadal,“A Economía solidaria un modelo fronte a crise”
Amarante Setem presenta a súa campaña de Nadal, que este ano, baixo o título “Mirando unha
economía xusta” “ a economía solidaria fronte a crise”, quere achegar á cidadanía outro xeito de
consumo e outra maneira de entender a economía que supón a mellor alternativa para se enfrontar á
crise económica, social e ambiental que estamos a vivir.
No contexto actual de crise do sistema, recortes sociais e explotación do medio ambiente e das persoas,
hai moitas outras maneiras de xestionar a sociedade e a contorna. Hoxe existen miles de prácticas
económicas que operan cunha racionalidade diferente do capitalismo, poñendo a economía ao
servizo das persoas, e non ao revés e que xurden como unha seguridade de supervivencia en tempos de
crise e que logo se consolidan máis alá desta situación.
Queremos mostrar iniciativas e experiencias de éxito que demostran que non solo é posible unha
economía diferente guiada por valores como a xustiza, a solidariedade, a participación, a
cooperación, a comunidade e a sustentabilidade, senón outro xeito de consumo que se enfronta o
modelo e a lóxica capitalista. Exemplos de éxitos de cooperativas de producción que nacen como
froito da crise dunha empresa, redes de cooperativas labregas, creación de pequenas empresas de
reciclaxe, os beneficios comunitarios a través das redes de comercio xusto, outros modelos de consumo
enerxético etc.
Así, nos como consumidoras tamén exercemos un papel importante ó apoiar un modelo de empresa ou
un modelo económico ou outro. Para achegar todas estas iniciativas de éxito da economía solidaria e
para propoñer outro modelo de consumo en Nadal e promover agasallos solidarios, realizamos esta serie
de actividades:
PRESENTACIÓN-MESA REDONDA DA PUBLICACIÓN:
“Miradas globais para outra economía”
Este libro presenta o éxito de 15 experiencias de economía solidaria
en todo o mundo: 5 do estado español, 5 de África e 5 de América
Latina. Nas presentacións do Miradas Globais en Galiza contaremos
con algúns/as protagonistas do libro: Fiare, Som Energia e unha
experiencia de Economía Solidaria galega, Amarante Setem, así
como cun exemplo de integración laboral de persoas con
discapacidade: COGAMI.
MERCADOS TRANSPARENTES E DE TROCO
Produtores e produtoras galegas do Sindicato Labrego Galego
xunto con Amarante realizarán un mercado transparente, onde as
persoas consumidoras terán acceso directo a produtos de fresco e
envasados elaborados de xeito artesanal.
Asemade Amarante porá produtos de comercio xusto elaborado por
artesáns tamén doutros países todos eles baixo os criterios do
respecto ó medio ambiente, salarios dignos, igualdade e non
explotación infantil.
XORNADAS DE FORMACIÓN en Economía Solidaria e Consumo responsable
Ribadeo acollenxornadas de formación abertas a todo o público
PROGRAMACION RIBADEO:
XORNADAS DE FORMACIÓN e DIVULGACIÓN da Economía Solidaria
Data: Sábado 8 de decembro de 10:00 a 23:00 horas.
Lugar: Local do Sindicato Labrego Galego. Avda Leopoldo Calvo Sotelo, 3 portal 1, 1º E
Organiza: Amarante
Participan: Varios colectivos
Programa:
10.30 Contextualización da actual crise do capitalismo e a problemática da Débeda
Soberana na Unión Europea.
12.30-19.00 Presentación e panel de experiencies coa presentación do libro Miradas Globais
23:00 Velada artística coa “Pequena compañía dos nenos enormes”.
Xornadas solidarias do 28 ó 3o de Decembro
–
Concerto Solidario organizado por músicos de Ribadeo coa colaboración de
Amarante e a concellería de servizos sociais do Concello de Ribadeo.
-Mercado Transparente e Mercado de troco
Data: sábado 29 de Decembro
-Conferencia sobre outra economía e o fomento do cooperativismo
Data: 29 de Decembro
Información máis detallada sobre a Publicación:
“Miradas globais para outra economía”
é o froito dun longo
traballo de reflexión e loita que nos mergulla na historia de quince
experiencias exitosas de economía solidaria: cinco do Estado
español, cinco africanas e cinco americanas.
A publicación foi escrita polo uruguaio Pablo Guerra, un dos
principais expertos mundiais de Economía Social e Solidaria. O
autor defínea como “un enfoque da actividade económica que ten
como prioridade ás persoas, o medio ambiente e o
desenvolvemento sustentábel”.
Experiencias de éxito
O libro mergúllanos en 15 experiencias de éxito de Economía Social
e Solidaria en todo o mundo. Un deles é caso da cooperativa Le
Grafeh en Burkina Faso, que nace para resolver dúas
problemáticas moi graves no país: a exclusión social da muller e a
problemática ambiental das bolsas de plástico (a súa inxesta é a
principal causa de mortalidade animal). Agora participan
activamente 5.000 mulleres e cada ano recíclanse máis de 20 mil
quilos de bolsas.
Outro caso de éxito é o da organización Faces que conseguiu que Brasil sexa o primeiro país en ter un
Sistema Nacional de Comercio Xusto. 1,7 millóns de persoas traballan en empresas de Economía
Solidaria e moven 10 millóns de dólares anualmente.
No estado español, explícanse os casos de éxito de Som Energia, a primeira cooperativa de consumo e
produción de enerxía verde, a banca ética Fiare ou a primeira organización española que desenvolveu o
Comercio Xusto con países do Sur: Ideas