Site icon Crónica3.com A Mariña

As familias acolledoras de nenos saharauís conseguiron máis de 15.000 quilos de axuda e agradecen as colaboracións

PROBA SUPERADA!!!!!!

Dende mediados do mes de outubro foron moitas as prendas que pasaron polas mans de Ana, Nieves, Nacho, Telma, Ana Rosa, Lita, Raquel, Lola, Dulce, Eva …,familias acolledoras dos nenos e nenas saharauis, e tamén doutros voluntarios coma Elena e Lela que se desplazaban dende Xermade e Roupar para traernos o alí reunido, Angel, Romina, Charo, Rosa, Conchita, Fina, Eva, Belén … aos que lle agradecemos a sua gran labor na participación da campaña solidaria de axuda ao pobo saharaui “ Xa non che sirve, xa non che gusta… entón DÓNAA”.

Moitas horas adicadas a ir por diversas localidades facendo recollidas, tardes no colexio vello de Celeiro embalando e pesando o material, visitas aos centros de ensino e parroquias …… Pero todo este esforzo; todo este tempo que lle restamos ao noso traballo, a nosa casa, a nosa familia…. mereceu a pena porque dous meses despois podemos decir que se logrou con creces o obxetivo marcado de recaudar 15.000 quilos. A dia de onte contabilizamos exactamente 15.253 quilos de material (roupa, zapatos, bolsos, maletas, roupa de cama ….), e aínda moitos veciños se acercaron polo colexio vello de Celeiro a facer a sua aportación, local que permanecerá aberto ata o venres 14 de decembro.

De novo agradecer a colaboración do Concello de Viveiro, dos medios de comunicación, das ANPAs e dos centros educativos :CEIP Santa Rita de Galdo, IES Vilar Ponte, IES Maria Sarmiento, Colexio Landro, CEIP Pedrosa Latas, CEIP de Covas, CEIP Lois Tobío, CEI San Roque, CEIP de Xove, IES Illa de Sarón, CEIP de O Vicedo, CEIP de O Barqueiro, CEIP de Cervo, e outras entidades como a ACD Penalba Colectivo Chilindrín, a Asociación Galego-Cubana “Xulio Trigo” , o Club de Xubilados de Viveiro, e moitos outros colectivos e particulares, así coma diversas aportacións que nos chegan dende Burela, A Devesa, Xermade, Meira, A Pastoriza, Mosteiro, Roupar, Bares.

Agardamos que nos próximos dias envien o camión para realizar a recollida. Que se realice o pagamento e poder mercar moitas menciñas, alimentos e productos de primeira necesidade para as familias saharauis.

Exit mobile version