As Entidades culturais, sen ánimo de lucro, realizan unha labor lúdico-cultural importante, fomentan o ocio, as relacións persoais, fomentan o acerbo propio local, manteñen as tradicións tan propias da nosa terra e todo elo desinteresadamente, debendo facer fronte a cuantiosos gastos que realizan para atende-los gastos xerais de mantemento e organización de actividades. Ademáis, o artigo 25.2.m) da Lei de Bases de Réxime Local, así coma o artigo 44 da Constitución Española, atribúen ós Concellos a competencia sobre a materia cultural, establecendo este último que as entidades públicas en xeral promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todo cidadán ten dereito.
Por outra banda, as comisións de festas parroquiais, sen ánimo de lucro, realizan unha labor lúdico-cultural importante, fomentan o ocio, as relacións persoais, reavivan vellas costumes, manteñen as tradicionais verbenas ó aire libre tan propias da nosa terra e todo elo desinteresadamente, debendo facer fronte a cuantiosos gastos que realizan para atende-los gastos xerais da organización (contratación orquestras, bandas, grupos baile, iluminación, propaganda, motores electróxenos, fogos artificio, etc.).
Por último, os centros educativos enmarcan a súa labor no artigo 27 da Constitución Española, sendo a educación un dereito fundamental que asiste a todo cidadán e debendo ser garantido por tódolos poderes públicos. En concreto, o artigo 25.2.n) da Lei de Bases de Réxime Local establece a competencia do Concello na cooperación coa Administración educativa.
Visto que no Orzamento prorrogado para 2012 consta crédito adecuado e suficiente para os gastos derivados da concesión de subvencións, infórmase ás entidades enbaixo relacionadas que dende esta data poden proceder á solicitude das subvencións que figuran nominativamente incluidas polo importe que se indica:
ENTIDADE | SUBVENCIÓN | APLICACIÓN ORZAMENTARIA | OBXECTO E FINALIDADE |
COMISIÓN “CABALGATA DE REIS” | 1.800,00.- | 334.48900 | “FESTAS POPULARES” – “gastos de realización da Cabalgata” |
CORAL POLIFÓNICA | 9.220,50.- | 334.48900 | “FOMENTO DA CULTURA” – “realización de actividades culturais” |
SOCIEDADE AMIGOS DA GAITA GALEGA | 1.350,00.- | 334.48900 | “FOMENTO DA CULTURA” – “realización de actividades culturais” |
AMADORES DA MÚSICA | 5.400,00.- | 334.48900 | “FOMENTO DA CULTURA” – “realización de actividades culturais” |
ASOCIACIÓN AMIGOS DA SEMANA SANTA RIBADENSE | 1.440,00.- | 334.48900 | “FESTAS POPULARES” – “gastos de organización da Semana Santa” |
ASOCIACIÓN CULTURAL PACO LANZA | 2.250,00.- | 334.48900 | “FOMENTO DA CULTURA” – “realización de actividades culturais” |
COMISIÓN FESTAS PATRONAIS DE RIBADEO | 11.250,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DAS FESTAS DO CARME. RIBADEO. | 1.170,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS SAN CIDRE. A DEVESA. | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS SAN RAMÓN. A DEVESA. | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS A MADANELA. CEDOFEITA | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS SAN PEDRO DE ARANTE | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS SAN LOURENZO. VILAFRAMIL | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS A MADANELA. REMOURELLE | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS A VIRXE DE VILASELÁN | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS DAS DORES DE COVELAS | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS AS DORES DE COUXELA | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS AS FROLES DE SANTALLA DE VILAOSENDE | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS SANTO CRISTO DE PIÑEIRA | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS SAN XOAN, OBE | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COMISIÓN DE FESTAS DO CARME. PIÑEIRO. | 360,00.- | 338.48900 | “FESTAS PARROQUIAIS” – “gastos de celebración da festa” |
COLEXIO SAGRADO CORAZÓN | 1.250,00.- | 321.48900 | “FOMENTO DA EDUCACIÓN” – “actividades culturais, educativas ou pedagóxicas” |
CEIP GREGORIO SANZ | 1.250,00.- | 321.48900 | “FOMENTO DA EDUCACIÓN” – “actividades culturais, educativas ou pedagóxicas” |
CIFP PORTA AUGA | 1.250,00.- | 321.48900 | “FOMENTO DA EDUCACIÓN” – “actividades culturais, educativas ou pedagóxicas” |
IES “NUMERO 1” GAMALLO FIERROS | 1.250,00.- | 321.48900 | “FOMENTO DA EDUCACIÓN” – “actividades culturais, educativas ou pedagóxicas” |
PROGRAMA BOS DÍAS – ANPA A FAXARDA | 1.200,00.- | 321.48000 | “EDUCACIÓN” – colaboración para sostemento do programa – aportación municipal |
CENTRO COMERCIAL ABERTO | 12.000,00.- | 431.47000 | “COMERCIO” – colaboración en materia de dinamización comercial e turística |
O parágrafo 2º do apartado 1º do artigo 28 da Lei xeral de subvencións (LXS) sinala ós convenios como o instrumento habitual para canalizar as subvencións previdas nominativamente nos orzamentos xerais do Estado ou das Corporacións locais, polo que con cada unha das asociacións que presenten a documentación que se sinala asinarase un convenio específico para a anualidade 2012, sen o que non se estimará cumpridos os requisitos necesarios para facer, no seu momento, efectivo o pagamento, no seu caso.
No caso das subvencións para festas das parroquias, estas axudas so serán para as festas na honra da Patrona da parroquia referenciadas que se leven a cabo nas parroquias do municipio, sendo así que de presentarse dúas solicitudes por entidades diferentes para a organización da mesma festa, resolverase a favor da constituida como Comisión de Festas que tradicionalmente tivera organizado a mesma.
1.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.
- Realizar as actividades para as que se concede a subvención.
- Acreditar perante o Concello de Ribadeo o cumprimento dos requisitos e condicións que sexan esixibles segundo a normativa aplicable, así como a realización das actividades para as que se concede a subvención.
- Someterse ás actuacións de comprobación e control que sexan requeridas polos órganos municipais.
- Comunicar ao Concello de Ribadeo a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso, antes da xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos.
- Acreditar con anterioridade a ditarse a resolución de concesión que se atopa ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Dispor dos libros contables, rexistros resupostoen e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable, ou no seu caso, os estados contables que garanticen o adecuado exercicio das facultais de comprobación e control.
- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de control e comprobación.
- Dar adecuada publicidade do carácter público da financiación da actividade subvencionada co logotipo aprobado polo Concello de Ribadeo.
- Proceder ao reintegro dos fondos públicos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei xeral de subvencións.
2.- DOCUMENTACIÓN
- Solicitude en modelo normalizado, debidamente cuberto, que se facilitará nas oficinas municipais deste Concello, e asinada polo presidente ou membro da xunta directiva.
- Fotocopias compulsadas do CIF e dos estatutos polos que se rixa o clube ou entidade. No caso que dita documentación figure nas oficinas municipais, deberá ser especificado na solicitude, indicando o servizo no que foi presentado así como que os mesmos están vixentes e non sofriron modificación ningunha respecto aos presentados no ano anterior. No caso de comunidades veciñais, prego documento de constitución da entidade beneficiaria, no que se acredite a número e identificación dos membros da mesma, así como as responsabilidades asumidas por cada membro da entidade
- Certificación do nomeamento, asinada polo secretario da entidade co visto e prace do presidente do representante da mesma para as súas relacións co Concello.
- Achegar xunto coa solicitude unha memoria explicativa da actividade ou actividades que pretende realizar na que se expliciten as datas e lugar de realización, número de participantes previstos, así como o orzamento detallado de gastos e ingresos que lle corresponde á mesma, así como calquera outro dato que sirva para xustificar a necesidade da subvención. No caso de gastos correntes de mantemento, achegarase orzamento de previsións.
- Declaración da entidade organizadora asinada polo presidente ou representante designado ó efecto, na que se fagan constar as contías das axudas asignadas ou recibidas por outras Administracións Públicas, ou ente público ou privado, para o mesmo fin.
- Declaración responsable de estar ao corrente nos pagos coa Seguridade Social e Facenda ou autorización ó Concello de Ribadeo de obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade que representa está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Certificación da Entidade Bancaria que corresponda, no que figure a entidade como titular e o seu nº de conta. No caso de comunidades veciñais NIF das persoas a nome das cales se apertura a conta corrente na que se situarán os fondos. Bastará a expresión do número de conta se tivera sido acreditado anteriormente
- Declaración responsable da entidade, asinada polo seu secretario co visto e prace do presidente, ou o representante designado pola asociación, de non estar incursa en causa de incapacidade e incompatibilidade para contratar coa Administración e percibir subvencións da Administración pública (estipuladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións).
3.- LUGAR E PRAZO DE ADMISIÓN DE SOLICITUDES.
As solicitudes acompañadas da documentación complementaria, de acordo co estabelecido no punto anterior, presentaranse no REXISTRO XERAL do Concello (Praza de España, nº 1 -27700 RIBADEO (LUGO). Teléfonos: 982-128650/662 e fax (982) 130975, en horario de atención ao público.
O prazo de admisión de solicitudes comeza o día seguinte da publicación destas bases no tablón de edictos e rematará o 24 de decembro de 2012. Poderase presentar a documentación correspondente á xustificación xunto coa solicitude, considerándose de xeito conxunto.
4.- OUTRAS OBRIGAS A CUMPRIR POLOS BENEFICIARIOS .
- Responder da veracidade dos datos da solicitude e daqueles outros documentos que teñan que achegar ao expediente, baixo a responsabilidade da persoa que os suscriba.
- Realizar ou ter realizada a actividade subvencionada dacordo co proxecto presentado na solicitude.
- En todas as publicacións, cartaces, rótulos, etc., sempre que existan, deberá figurar o Concello de Ribadeo como entidade colaboradora.
- Sempre que sexa posible, deberá figurar no lugar no que se desenvolve o evento unha pancarta ou cartaz coa lenda “Concello de Ribadeo”.
- A actividade que se desenvolva por parte dos beneficiarios, realizarase preferentemente en lingua galega, tanto no que toca ao seu desenvolvemento como a comunicación oral ou escrita que xeren.
As obrigas que se especifican nos apartados 5.3, 5.4 e 5.5 non serán consideradas como tales para os casos de actividades realizadas con anterioridade á data de publicación destas bases.
Será requisito indispensable para a obtención da subvención a sinatura do Convenio co Concello de Ribadeo cuxo modelo se aprobará pola Alcaldía-Presidencia
5.- IMPORTE MÁXIMO DA SUBVENCIÓN.
O importe da axuda municipal nunca poderá ser de tal contía que, en conxunto con subvencións doutras Administracións e Entidades privadas, supere o custo ou o déficit, segundo corresponda, das actividades a desenvolver polo beneficiario.
6.- TRAMITACIÓN, RESOLUCIÓN E XUSTIFICACIÓN
Revisados os expedientes de solicitude e verificado que conteñan a documentación esixida, resolverase a concesión ou denegación. Se resulta que a documentación está incompleta ou defectuosa, requirirase ao solicitante para que no prazo de DEZ DÍAS hábiles a partir da data da notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, a súa solicitude arquivarase sen máis trámite. Igual prazo e procedemento seguirase no suposto de xustificacións incompletas ou defectuosas.
Resolverase a concesión das subvencións, no seu caso, pola Alcaldía – Presidencia, que, se fose preciso, poderá demandar os informes e asesoramento dos técnicos ou funcionarios do servizo competente.
Unha vez aprobada a subvención, será notificada aos interesados mediante publicación colectiva no taboleiro de anuncios.
A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos na concesión da subvención documentaráse a través da rendición da conta xustificativa, que constitúe un acto obrigado do beneficiario, no que se deben incluir, baixo a responsabilidade do declarante, os xustificantes do gasto ou calquera outro documento con validez suficiente que permita acreditar o cumprimento do obxectivo da subvención.
A presentación da conta xustificativa realizaráse como máximo no prazo de 2 meses dende a finalización do prazo para a realización da actividade ou, de terse celebrado con anterioridade á presente convocatoria, dende a notificación da concesión, e en todo caso, o 31 de xaneiro de 2013. Entenderanse dentro de prazo as xustificacións presentadas conxuntamente coa solicitude. Para os efectos do disposto no artigo 31.1 e 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, considerase gasto realizado o que se acredite coa presentación das facturas e/ou xustificantes de gasto, sen que sexa necesario que este se atope pagado nin que se acredite o seu pagamento
No suposto de terse presentado conxuntamente os documentos xustificativos coa solicitude, e de cumprirse todos os requisitos para entender debidamente xustificada a subvención de referencia, na publicación colectiva do taboleiro de anuncios expresarase tal circunstancia, debendo adxuntar os documentos específicos de xustificación aqueles beneficiarios que non tiveran presentado a mesma no momento de solicitude ou na que a presentada adolecera de algún defecto.
A documentación necesaria para xustificar a subvención será a seguinte:
-
- Orixinais ou copias compulsadas das facturas de gastos realizados nas actividades obxecto da subvención, e nas que figurarán necesariamente os seguintes requisitos:
- Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.
- Nome e CIF/NIF do beneficiario da subvención.
- Detalle dos servizos prestados, contía dos mesmos con expresión do IVE, no caso de non estar exento.
Ademais, as facturas deberán corresponderse cos epígrafes que figuren no orzamento de gastos presentado.
b) Certificación ou declaración da entidade ou asociación, asinada polo secretario co visto e prace do presidente na que se exprese, baixo a súa responsabilidade, ter realizado o obxecto da subvención, ademais de achegar unha memoria explicativa da actividade que recolla, entre outros, algún tipo de xustificación documental, tal como recortes de prensa, programas de man, fotografías, cartaces, etc.
c) Relación detallada e certificación ou documento acreditativo das cantidades concedidas por outros axentes, se é o caso, para a mesma finalidade.
O importe dos gastos xustificados deberá alcanzar, polo menos, o importe da subvención.
Vencidos os prazos e prórrogas que se indicaron anteriormente, sen que o beneficiario da subvención presente a correspondente documentación, a devandita subvención entenderase anulada por desistimento.
Será requisito indispensable para a atención dos documentos xustificativos que a documentación sinalada nesta Base sexa presentada no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo.
Para o non previsto nesta convocatoria, en especial todo aqsuelo que fai referencia á posibilidade de levar a cabo un control financieiro no ano seguinte das subvencións xustificadas e pagadas, serán de aplicación as normas incluídas nas Bases de execución do Orzamento xeral do Concello de Ribadeo para o exercicio de 2012 e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.