Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela actualizará o plan de emerxencia municipal

BURELA ACTUALIZARÁ O PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL. TÉCNICOS DA XUNTA ASESORARÁN AO GOBERNO LOCAL. O DOCUMENTO QUE ESTÁ VIXENTE FOI REDACTADO HAI TRECE ANOS.

Burela, 14 de decembro de 2012. O Equipo de Goberno burelés ten intención de actualizar o Plano de Emerxencia Municipal, PEMU, para adaptalo á realidade presente do concello.

O edil de Protección Civil, Manuel Fernández Valle, ten previsto iniciar os traballos para a vindeira semana. Durante a mesma, técnicos de Protección Civil da Xunta de Galicia estarán en Burela para asesorar aos responsables de Protección Civil do concello burelés.

“O PEMU burelés ten uns trece anos e no seu momento foi pioneiro na materia, de feito foi un dos primeiros planos de emerxencia que se redactaron na provincia de Lugo. O PEMU está validado pola Xunta de Galicia, pero hai que recoñecer que xa é tempo de proceder á súa actualización”, indicou Fernández Valle.

O concelleiro delegado manifestou que “o documento debidamente actualizado será validado pola Xunta Local de Protección Civil e se seguirán con el todos os trámites legais establecidos”.

Exit mobile version