Site icon Crónica3.com A Mariña

Concelleiros do PSOE de Foz discrepan do seu secretario xeral, partidario de contactar con outros grupos para acadara unha alternativa ao PP

A maioría dos concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz, despois do sucedido na Asamblea Ordinaria da Agrupación Local celebrada o pasado sábado, non damos crédito ás declaración vertidas públicamente polo actual Secretario Xeral da Agrupación, en relación ao inicio dunha “rolda de contactos con outras formacións políticas” co fin de ofrecer unha alternativa de goberno ao do PP, pois non consideramos que eso sexa o máis beneficioso para os intereses dos veciños de Foz, dado que nin sequera conta co respaldo dos militantes asistentes a dita Asamblea nin de ningún dos seus compañeiros do Grupo Municipal.

Partimos da idea de que o PSdeG-PSOE é un partido con vocación de goberno, pero sempre dende a coherencia e a lealtade aos cidadáns, e somos conscientes da actual situación política do noso Concello, e de que o goberno do Partido Popular está a ser nefasto para os vecinos de Foz.

Agora ben, consideramos que a estas alturas de lexislatura este tipo de negociacións representan unha burla para os veciños de Foz, e unha perda de tempo para o noso Grupo Municipal, que o que precisa nestos momentos é xente seria e responsable, e poñerse a traballar dende a oposición, pois o poder débese obter a través das urnas e non mediante este tipo de artimañas.

Queremos deixar claro que xa se pretendeu no seu momento chegar a un pacto de goberno entre as forzas políticas da oposición en Foz, e o actual Secretario Xeral, Don José Ramón Val Alonso, participou persoalmente en ditas negociacións, pero non foi posible chegar a un acordo porque o PSOE, como grupo maioritario da oposición, non estivo disposto a ceder a alcaldía.

Tal e como se plantexou polo Secretario Xeral da provincia de Lugo, Don José Ramón Gómez Besteiro, no foro “Partido Aberto, Goberno Aberto”, os concelleiros aquí firmantes queremos invitar a Don José Ramón Val Alonso a facer unha reflexión: ¿de que serve ser Secretario Xeral se non contas co apoio da militancia?

Dª Rosa Mª Pérez Gradaílle D. Enrique Cotarelo García Dª Ana Villarino Alonso

Concelleiros do PSdeG-PSOE de Foz

Exit mobile version