
A exposición didáctica “Aves de Galicia” chega esta semana á Casa da Cultura de San Cibrao, onde permanecerá ata o venres día 7 en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Esta mostra inclúe paneis con imaxes da avifauna da comunidade galega e as correspondentes explicacións e informacións sobre as distintas especies, así como xogos relacionados coa temática para facer a exposición máis amena para a cativada.