Site icon Crónica3.com A Mariña

Foliada Infantil de Nadal en Foz

Celebrouse con grande éxito de público a IV Foliada Infantil de Nadal organizada pola A.F-C A Subela. Con esta edición van xa catro dun evento pensado para que os máis pequenos da comarca que lles gusta o noso folclore e que ensaian durante todo o ano, poidan amosar a súa mestría aos espectadores e pasar unha velada chea de entusiasmo en compañía dos seus familiares e amig@s. Os grupos participantes foron: Arco da Vella de Reinante, Amado Lar de Ferreira e A Subela de Foz.

Exit mobile version