Site icon Crónica3.com A Mariña

II Concurso de Karaoke mañá en Xove no Pavillón Municipal de Deportes

Mañá, sábado 29 de decembro ás 21:30 horas, o Pavillón Municipal de Deportes de Xove vai acoller a IIª edición do Concurso de Karaoke, actividade organizada pola Concellería de Cultura que o pasado ano deixou un gran sabor de boca no público que ateigou o Salón de Actos do Centro Cívico. Esta foi a razón de cambiar na edición deste ano o Salón de Actos polo Pavillón de Deportes, dada a gran capacidade deste último, e que esperemos se encha de público na noite de mañá. Loxicamente, a esta actividade están invitados tódolos veciños do Concello, e por suposto todas aquelas persoas, sexan de onde sexan, que queiran desfrutar dunha gran velada musical.
En canto ao Concurso en si, o prazo de inscrición vai estar incluso aberto mañá sábado, podendo inscribirse os/as que o desexen no Pavillón entre as 17:00 e as 19:00 horas.
Tamén no Pavillón, entre as 17:00 e as 19:00 horas, os/as inscritos van poder ensaiar a canción escollida para o Concurso; loxicamente, para este ensaio teñen preferencia os que xa están inscritos; se quedase tempo, tamén poderían ensaiar os que se inscriban mañá.

Exit mobile version