O Mercado da Ilusión, desenvolverase na praza Conde de Fontao, dende o día 18 ata o 23 de decembro. Nesta edición haberá nove casetas totalmente engalanadas, de empresas comerciais e unha na que estará a ACIA de Foz e a Asociación Protectora de animais.