Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX. de Burela participa na campaña de recollidas de xoguetes para familias pobres

A proposta está promovida por NN.XX. de Galicia ao longo dos concellos da comunidade

NN.XX. de Burela participa na campaña de recollidas de xoguetes “Un Nadal Cheo de Sorrisos”

A presidenta local, Andrea Gil Santos, pide a implicación de todos os veciños para que ningún neno de Burela se quede sen agasallos e ningunha familia sen comida no Nadal

Os interesados poderán depositar os xoguetes na Aula de Mulleres en Igualdade (Expomar) ou poñéndose en contacto cos mozos de Novas Xeracións

Lugo, 13 de decembro de 2012.- Novas Xeracións de Burela súmase a campaña de recollida de xoguetes “Un Nadal Cheo de Sorrisos”, que dende a agrupación rexional están a promover polos distintos municipios galegos.

Os que o desexen poderán depositar alimentos e xoguetes ata o próximo 13 de xaneiro, tanto na Aula de Mulleres en Igualdade (Oficina de Expomar, en Arcadio Pardiñas número 137), de martes a venres de 16:00 a 20:00 horas. Así mesmo, os mozos da agrupación política tamén se ofrecen a pasar e recoller comida e xoguetes a onde o desexe a persoa colaboradora, só con enviar un correo electrónico a nnxxburela@gmail.com.

A presidenta local, Andrea Gil Santos, explica que as aportacións donaranse a asociacións e colectivos de Burela que traballen con nenos e/ou familias necesitadas. Andrea Gil pide a implicación de todos os veciños para que ningún neno de Burela se quede sen agasallos e ningunha familia sen comida durante o Nadal. Así, a popular agradece a colaboración de todos cantos o desexen por pouco que esta sexa “co obxectivo de facerlles máis levadeiro o Nadal a aqueles que o están a pasar mal”.

Novas Xeracións de Galicia

Edificio CNL. Avda Fernando Casas Novoa –Bloque 2, Baixo

Exit mobile version