Site icon Crónica3.com A Mariña

Nunca foi certo

NUNCA FOI CERTO

Nunca foi certo que España ía ben. Nunca foi certo que os nosos bancos eran os máis saneados do mundo. Nunca foi certo que o crecemento de España se debía á produtividade, a laboriosidade e a competitividade. Todos eses foron “soños” baseados na economía do ladrillo, e agora, ao espertar, teremos que refundar o sistema político e económico dun país que nunca mereceu os dirixentes que tivo.

O crac de 1929, que comezou nos EEUU de América, foi antecedido por un boom especulativo que xurdira a principios da década de 1920 e levara a centos de miles de norteamericanos a investir fortemente no mercado de valores, ata un número significativo pediron diñeiro a crédito para comprar máis accións. Para agosto de 1929, os brokers prestaban rutinariamente a pequenos investidores máis de 2/3 partes do valor das accións que estes compraban. Máis de 8,5 mil millóns de dólares prestáronse, unha cantidade maior ao montón total que estaba circulando nese momento nos Estados Unidos. Os prezos ascendentes das accións estimularon a máis persoas a investir: esperaban que os prezos das accións crecerían ata máis. Entón, a especulación provocou alzas maiores e creou unha burbulla económica, que cando rebentou, empobreceu a millóns de cidadáns, que quedaron na ruína e sen emprego, aínda que tamén significou un duro pau para os grandes señores das finanzas que non puideron cambiar a súa estratexia a tempo e viron gran parte da súa fortuna volatilizada ao afundirse a Bolsa.

Se a crise do 29 en EEUU foise superando cunha política Keynesiana (intervención do Estado para incentivar a demanda a través de sucesivos déficits orzamentarios a conta de incrementar a Débeda do Estado Americano, posta en marcha polo presidente Roosevelt (esta política foi coñecida como o New Deal). Aquí Tiros e Troianos non saben nin queren oír falar do asunto.

Tocamos fondo; os mercados non mercan a nosa débeda por desconfianza; Todas as emisións de débeda-país ten que ser mercada polos bancos españois e ese diñeiro, que tería que ir ás empresas e os cidadáns para mover a economía e incentivar o consumo non lles chega, porque todo o precisa para mercar débeda do Estado. Por iso, Mariano Rajoy recorta gastos, recorta o Estado, elimina partidas sociais, rebaixa a calidade da sanidade, a educación, as subvencións á cultura, aos bolseiros e di o “infelice” que pon a España no lugar que lle corresponde en canto á súa produtividade, o seu PIB, di que mellorará día a día a nosa competitividade e evitará déficits para ir pagando os máis de 300.000.000.000 millóns de euros que o Estado debe a terceiros. Si fose así, cando dentro de varios anos rebaixemos a débeda do Estado, creza o PIB e funcionemos coa intelixencia necesaria , hoxe brila por a súa ausencia”, poderemos afrontar retos para relacionarnos coas economías europeas emerxentes. Mentres tanto os do centro e norte de Europa, tratarannos como pouco fiables, mentireiros, folgazáns e vividores.

Na miña opinión, estas “trapalladas” que está facendo Mariano Rajoy farán que gañemos algún tempo indo a tracas e barrancas. Pero axiña teremos que ser rescatados como país, ao modo Grecia e Portugal. Pasaremos os grolos necesarios e se acertamos, poderá ser probable que dentro de 10 anos comecemos a levantar cabeza, e non repetir os erros que nos levaron ao abismo.

E mentres tanto, coa tropa que temos mandando ímolas pasar moi canutas pois aquí as únicas leis que funcionan son a do embudo, a de sálvese quen poida e a peor de todas a da pescada que se morde a cola….

Otero Regal

Exit mobile version