Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asinou convenios de colaboración cos clubs de fútbol locais

O ALCALDE ASINOU SENLLOS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS PRESIDENTES DOS CLUBES DE FÚTBOL LOCAIS: IBERIA E CELTA BARREIROS.

Barreiros, 12 de decembro de 2012. O alcalde, Alfonso Fuente, asinou sendos convenios de colaboración cos presidentes dos clubes de fútbol locais: Iberia e Celta Barreiros.

Cada entidade recibe 2.000 euros do Concello. O rexedor explicou que “dada a situación económica actual tivemos que realizar un axuste nas partidas destinadas para este fin e reducimos de tres a dous mil euros as aportacións que fai o Concello aos clubes de fútbol local cada ano”.

Fuente Parga agradeceu “aos presidentes do Iberia, de San Miguel de Reinante, e do Celta Barreiros, de San Cosme, a súa responsabilidade á hora de axustar os seus gastos” e engadiu que “tentaremos seguir mantendo esta colaboración en anos sucesivos. Deste xeito queremos apoiar ao deporte base do noso concello”.

Celta Barreiros e Iberia disputarán un partido benéfico, aínda que a data está por concretar, “e os ingresos que se recaden irán destinados a diversos recursos sociais”, segundo sinalou o alcalde.

Exit mobile version