Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela sorprendese polas alusións as dietas e dedicacións que cobran durante o pleno do presuposto

GONZÁLEZ BARCIA DESTACOU O COMPROMISO COS SERVIZOS SOCIAIS NO PRESUPOSTO DE 2013 E ANUNCIOU QUE SE ABRE UNHA PORTA PARA RECUPERAR AS AXUDAS DO CONCELLO A COLECTIVOS DEPORTIVOS E CULTURAIS.

Burela, 20 de decembro de 2012. Esta mañá foi aprobado o presuposto municipal para 2013 que ascende a 6.232.000 euros. O alcalde, José Mª González Barcia, destacou o compromiso do equipo de goberno cos servizos sociais e anunciou que se abre unha porta para recuperar as axudas do Concello a colectivos deportivos e culturais.

O rexedor dixo que “a aposta decidida por unha nova escola infantil marca eses orzamentos. Mantéñense as aportacións para os distintos servizos sociais do Concello, manténse a aposta polo conxunto dos servizos que se ofrecen á cidadanía e abrimos a porta a recuperar, aínda que non da maneira que nos gustaría a nós, as axudas desde o Concello a colectivos deportivos e culturais. Algo queremos facer, veremos cómo se presenta ano. É algo ao que debemos aspirar, tendo en conta que no presuposto hai contemplada algunha partida e en función de cómo evolucionen os ingresos poderemos facer algunha actuación dese tipo”.

O alcalde burelés amosóuse sorprendido pola falla de iniciativa e de alternativas dos grupos da oposición, “o único que se reitera son alusións ás dedicacións exclusivas do equipo de goberno e ás dietas e parece que se esquecen que eles cando gobernaban cobraban máis do que cobramos nosoutros e que eles tamén pasaban dietas. Soprende que o que eles facían agora non debe ser válido e non se entende. Eu preguntéille ao señor Llano si él ou o seu partido político en Lugo están dispostos a renunciar a parte do soldo que ten. A resposta foi evidente, non se pode criticar e facer xustamente aquelo que se está a criticar”.

José Mª González Barcia subliñou que “o presuposto de 2013 cumpre o principio de estabilidade orzamentaria, cumpre liña de gasto marcada polo goberno central, en definitiva cumpre con toda aquela normativa que nos está a aplicar o goberno central”.

Torrentes

O rexedor quixo aclarar que “o equipo de goberno non vai vender fincas de Torrentes para comprar terreos noutros lugares, eso non é así. O que tenta lanzar a portavoz do grupo mixto é literalmente falso. Nós si vendemos algunha finca en Torrentes, que xa se verá, é para facer a aportación que nós temos que facer para abordar a obra da nova escola infantil. En Torrentes ademáis non hai solo dotacional co cal a gardería non se pode facer alí”. González Barcia manifestou que “Neves Cando está outra vez tentando lanzar globos sonda coma que nós malvendemos o patrimonio do Concello e eso non é así. O patrimonio municipal está para ser usado cando fai falla”.

No pleno extraordinario de hoxe aprobóuse tamén cos votos favorables do PP a denominación das rúas de Torrentes. O alcalde burelés indicou que “se trata dunha denominación provisional para aquelas rúas que non tiñan nome. As que o tiñan coma O Campón, Canabal, Torrentes ou Camiño Real conservan o mesmo nome. Onda hai vivendas edificadas non cambia a denominación das rúas. As que non tiñan nome recibirán un con carácter provisional porque o catastro nos pide eses datos a efectos de rexistrar de forma correcta os solares de todos e cada un dos propietarios coa súa dirección exacta, tanto no que se refire á rúa coma ao número asignado. É un trámite que temos que facer canto antes”.

Convenio escola infantil

Cos votos favorables do PP, a abstención do grupo mixto e os votos en contra do PSOE foi aprobado asinar un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Burela para levar a cabo a nova escola infantil. González Barcia lembrou que “nós dixemos no seu momento que facer unha nova escola infantil en Burela supón un esforzo importante para o Concello, sobre todo na situación na que estamos, pero tamén hai que decir unha cousa… os convenios normalmente sufren modificacións durante o tempo de vixencia dos mesmos. Un convenio asinado hoxe é habitual que sufra adendas, añadidos ou modificacións”. E recalcou que “si non asinamos este convenio renunciamos automáticamente a ter unha nova escola infantil en Burela. E nós apostamos decididamente por esta instalación”.

Ao equipo de goberno parécelle “unha auténtica locura e unha estupidez o plantexamento do portavoz do PSOE, Alfredo Llano, que parece que pasou polo Concello coma un lóstrego e que os catro anos que alí estivo non lle serviron para nada. Él plantexou ubicar eses nenos que están en lista de espera na gardería actual, plantexou levalos para o actual edificio de Capitanía Marítima, para a praza de abastos, e eso e unha locura porque ese inmoble non cumple cos requisitos necesarios para acoller aos nenos. E tamén propuxo levalos para a Casa do Mar, que tampouco cumple porque non conta con espazos libres para que os nenos poidan estar nun patio ou facer xogos ao aire libre”.

Para o alcalde de Burela trátase “dunha falla absoluta de criterio e de argumentos, é o non polo non. O PSOE ao votar en contra estáse a posionar en contra da nova gardería de Burela. Eles deberían saber que a única forma que hai de poder acceder a esa segunda escola infantil é asinar o convenio e despois tentar modificalo. Si esto non o asinamos Burela perde a oportunidade de ter unha segunda escola infantil, perde a oportunidade de crear emprego tanto durante a súa construcción como despois cando se poña en funcionamento e perde a oportunidade de ofertar un servizo que pode permitir asentar e atraer poboación a Burela”.

O equipo de goberno aposta “por un edificio digno e en condicións, apostamos por un edificio seguro e non estamos dispostos a meter aos nenos de Burela en calquera sitio. Estamos dispostos a ofrecerlles un servizo con garantías”.

Aumento da poboación

González Barcia tamén aludiu ás declaracións de Alfredo Llano nas que o socialista di que Burela non aumenta en poboación, “nós en contra do que él dice sí sabemos e coñecemos que en Burela medra a poboación”. E tamén se referiu ás manifestacións de Llano nas que éste reiterou en varias ocasións á merma de servizos que ten Burela “e eu pídolle públicamente que faga un resume de todos os servizos que se teñen posto en marcha durante a época de goberno do PP: a gardería actual, o centro de saúde, a Casa da Xuventude… son servizos que antes non había e que agora están aí. E esto él o liga coa perda de poboación, pero que teña coidado con esto porque un responsable político non pode estar continuamente lanzando dúbidas sobre as posibilidades económicas e sociais dun concello coma o noso. Nótase que coñece pouco a evolución de Burela e non lle importa nada sementar dúbidas sobre si Burela perde ou gaña servizos ou si Burela perde ou gaña poboación. Eso é mentira e pode preguntar no departamento de estadística, pero en lugar de ir preguntar foise”.

O alcalde engadiu que “Llano debe ter coidado con seguir coa liña de oposición que está a levar adiante, que só ten a vía de atacarlle ao equipo de goberno polas dietas e as dedicacións, e eso agótase. Non se pode estar criticando o que ti estás a facer noutro sitio. Si queren seguir así para nós mellor porque eso significa que non teñen iniciativa nin alternativa e non se están preocupando por mellorar a calidade dos servizos que temos no noso concello”.

Exit mobile version