Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz quere que todos os partidos apoien a iniciativa de eliminar as depuradoras de Foz e Fazouro

Logo do pleno extraordinario celebrado onte

O Rexedor focense insta á oposición a que rectifique e respalde a iniciativa de eliminar as depuradoras de Foz e Fazouro e bombear todos a Sarrido

Foz 14 de decembro de 2012. Logo do pleno extraordinario, máis importante celebrado en Foz nesta lexislatura, os populares quedaron cun sabor agridoce posto que non entenden como a oposición votou en contra de suprimir a Depuradora de Foz e a actual Fazouro para bombear todos a una única en Sarrido.

Os populares atopáronse cun PSOE, experto en cambiar de criterio segundo lle interesa, posto que en ningún momento dende que levan reuníndose os portavoces falou de Forxán ata o día do pleno; cun UNIFOZ que continúa afanado en bloquear ao Goberno por cuestións personalistas por parte de Jaime Cancio para asaltar a alcaldía enrocado na ampliación da actual Edar de Foz, desautorizada e inviable pola negación de Portos de Galicia , e cun BNG moi cómodo criticando pero sen dar opinión algunha nin aportar solucións.

Os populares manifestan que prepararon a sesión plenaria ao detalle e evidenciaron á oposición, posto que non presentou alternativa algunha. Engade o PP, que o seu partido escoitou dende sempre as suxerencias dos demais grupos incluso dos representantes veciñais, e collendo o testigo que o PSOE fixo público, no que acreditaba ao Alcalde para tomar a decisión como único responsable.

“Buscamos a ubicación alternativa á de Forxan, propuxemos eliminar a instalación de Foz, localizamos o mellor lugar segundo nos reflicte o estudo técnico, o que menos afectaría a actividade económica, turística, comercial do Concello, que é Sarrido, no limite das dúas parroquias, polo que non comprendemos como se votou en contra”- manifesta o rexedor focense.

E por enriba, unha vez bloqueada a situación no pleno, polos “bamboleos” da oposición, o grupo de goberno propón incluír un cuarto punto, que sería instar a Augas de Galicia a que elimine tamén a de Fazouro, principal argumento do Psoe que se negaba en Sarrido porque Fazouro xa ten una, o cal solucionaba o problema, e era una das suxerencias do presidente dos veciños de Fazouro, e tamén votaron en Contra.

Javier Jorge Castiñeira asegura que o seu partido mira polos intereses xerais dos focenses e afirma que se engadiu a cuarta alternativa, , para poder levar a diante a proposta e iniciar un expediente que leva anclado dende o 2008, e eliminar un dos maiores problemas que ten o noso pobo.

Para elo, quixo reunirse ao día seguinte co Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, e co Presidente de Augas de Galicia Francisco Menéndez, e plantexarlles a situación que deixa o pleno, e a posibilidade de incluir no anteproxecto a supresión tamén da depuradora do centro de Fazouro e bombear á nova de Sarrido.

O Alcade saleu contento da entrevista e é optimista da viabilidade desa proposta, por iso vai coller novamente o testigo que lle brindou o Psoe de levalo ao próximo pleno ordinario do día 27, Posto que os socialistas pediron tempo para consultalo coa directiva, e cree que a oposición non pode xa negarse a una solución que convence á gran mayoría dos vecinos de Foz.

Os populares afirman que esta actuación urxe, e así llo comunicaron os responsables da consellería, posto que os Orzamentos da Xunta están próximos e insta a oposición a que rectifique xa que temas necesarios, coma este, non se poden politizar e hai que darlles solución inmediatamente.

Exit mobile version