Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo califica de tortura a situación do persoal de Cerámica de Sargadelos e pregunta de que valeu o millón de euros inxectado pola Xunta

O BNG DE CERVO SOLIDARÍZASE E CUALIFICA DE TORTURA A SITUACIÓN POLA QUE ESTÁ A PASAR O CADRO DE PERSOAL DE CERÁMICA DE SARGADELOS.

OS NACIONALISTAS PREGÚNTANSE DE QUÉ VALEU O MILLÓN DE EUROS INXECTADO POLA XUNTA PARA GARANTIR A CONTINUIDADE DA EMPRESA E OS EMPREGOS

Cervo, 27 de decembro de 2012. O BNG de Cervo cualificou de lamentábeis as noticias sobre a situacións de Cerámicas de Sargadelos onde se anuncia un novo ERE de redución de xornada de sete meses que afecta á práctica totalidade do seu cadro de persoal e pregúntanse si os fondos públicos inxectados na empresa foron utilizados para os fins que estaban previstos e si a Xunta velou para que isto fose así.

Cabe preguntarse si a Xunta cumpriu os seus compromisos e si velou para que o diñeiro público fose ben utilizado.

Para os nacionalistas cervenses hoxe toca pregúntanse si o millón aprobado pola Xunta de Galiza como solución para garantir a continuidade da empresa e os seus postos de traballo chegou integramente á empresa, si serviu para os fins previstos e si existiron por parte da administración galega os controis necesarios para velar por que isto fose así.

Segundo afirmaron dende o BNG, a Consellaría de Industria anunciou fai dous anos co beneplácito dos representantes sindicais, empresa e Concello de Cervo, unha inxección de un millón de euros, 400.000 a fondo perdido e 600.000 nun crédito participativo a baixo interese que debería servir para garantir a continuidade da empresa e os postos de traballo. Só dous anos despois a dirección da firma pon novamente ao cadro de persoal entre a espada e a parede ao informarlles que deben escoller entre un despedimento masivo ou un ERE de redución de xornada de sete meses coa perda, aínda que provisoria, xa decidida, da extra de Nadal.

Para o BNG a sinatura por parte da representación sindical da proposta dun ERE de suspensión temporal de emprego por sete meses, é a menos mala das opcións propostas para evitar despedimentos, pero tamén hai que preguntar se isto vai servir para algo ou teremos que ver dentro dun ano como a tortura continúa, despois dos múltiples e dolorosos esforzos do cadro de persoal, que non acaban de ver a luz ao final do túnel.

Exit mobile version