Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG do Valadouro non apoia os orzamentos presentados pola alcaldía

O BNG NON APOIA OS ORZAMENTOS PRESENTADOS POLA ALCALDÍA

OS NACIONALISTAS RETIRAN A CONFIANZA PRESTADA AO NON CUMPRIR A PALABRA DADA PARA DESBLOQUEAR E EXECUCIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL A CAMBIO DA APROBACIÓN DO SALARIO DO ALCALDE

O Valadouro, 29 de decembro de 2012. O BNG non apoiou na sesión plenaria celebrada onte pola corporación a proposta da alcaldía para os orzamentos municipais do ano 2013. Os nacionalistas xustificaron a súa postura na ausencia de xestión por parte da alcaldía que foi incapaz de desbloquear o polígono industrial paralizado polo PP dende a súa chegada ao goberno galego. O portavoz nacionalista Eduardo Chao lembroulle ao alcalde que no seu momento apoiaron a asignación económica exclusiva baixo o compromiso de avanzar na execución do polígono industrial pero esa confianza rachou ao non producirse tales avances.

O PP E O ALCALDE FORON INCAPACES DE CUMPRIR OS SEUS COMPROMISOS CO VALADOURO

Eduardo Chao criticou que o PP dende que chegou ao goberno galego o único que fixo polo Valadouro foi bloquear os avances realizados polo goberno bipartito para a execución do tan demandado polígono industrial do Valadouro. Chao responsabilizou ao goberno galego pero tamén ao alcalde que dende que asumiu o goberno municipal a súa xestión tanto neste tema como noutros foi cero como demostran os orzamentos para 2013 nos que non se recolle ningunha actuación nova ao marxe das financiadas polo propio concello ou con cargo ao Plan de Compensación Medio Ambiental pola instalación de eólicos. Os nacionalistas botaron en falta actuacións dirixidas a executar obras de saneamento nas parroquias do concello e a ausencia de xestión algunha coa Xunta de Galiza cunha planificación que vaia reducindo estas carencias.

O BNG DEU UN MARXE DE CONFIANZA AO ALCALDE QUE EL MESMO RACHOU POR SER INCAPAZ DE CUMPRIR OS COMPROMISOS CO POLÍGONO INDUSTRIAL

Os nacionalistas lembráronlle ao alcalde que desfruta dunha dedicación exclusiva que lle costa aos veciños e veciñas do Valadouro 46.392,44 euros ao ano que foi apoiada polo BNG, nunha decisión non exenta de críticas pero responsábel ao condicionarse no compromiso do alcalde a desbloquear a execución do polígono industrial que o propio alcalde incumpriu. Para Eduardo Chao o BNG non está disposto a seguir apoiando esta dedicación exclusiva e o salario que contempla si tal como se demostrou o alcalde non cumpre coa palabra dada. O nacionalista engadiu a confianza prestada polo BNG ao alcalde para aprobar a súa dedicación exclusiva queda rota e polo tanto non apoiamos os orzamentos, nin a consignación orzamentaria incluída neles para pagar o salario da alcaldía.

Exit mobile version