Site icon Crónica3.com A Mariña

O claustro da EMMeD de Ribadeo gradece a colaboración e apoio na recadación de alimentos co gallo do Festival de Nadal

AGRADECEMENTO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO TRAS A RECADACIÓN DE ALIMENTOS FEITA POLO CENTRO DURANTE O FESTIVAL DE NADAL.

Ribadeo, 20 de decembro de 2012. O claustro de profesoras e profesores da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo quere agradecer a colaboración e apoio das nais e pais de alumnas e alumnos así como do público en xeral na recadación de alimentos feita polo centro co gallo do Festival de Nadal.

Desde o claustro sinalan que “foron moitas as achegas que se fixeron o que, a bo seguro, contribuirá a que un feixe de persoas que non pasan por un bo momento económico podan desfrutar do mellor xeito posible das festas do Nadal. O agradecemento polas doazóns feitas queremos facelo tamén extensible á Concellaría de Servizos Sociais por botarnos unha man indispensable para canalizar cara onde sexa preciso os alimentos que nos fixéstedes chegar”.

O claustro de profesoras e profesores da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo aproveita a ocasión “para ratificar o compromiso da EMMeD de Ribadeo con este tipo de actividades que van máis aló da formación estritamente musical e que pretenden incidir na transmisión de valores positivos nas alumnas e alumnos do centro, caso da solidariedade, a igualdade entre mulleres e homes ou a loita contra a discriminación, sexa esta do tipo que sexa”.

Exit mobile version