ANTONIO VEIGA PRESENTOU O II TORNEO DE NADAL PISTA RÁPIDA DO CLUB DE TENIS DE FOZ
Os días 28, 29 e 30 de decembro o pavillón de “Os Castros” de Cangas de Foz acollerá este conxunto de partidos de tenis nos que se disputará o absoluto masculino
O pavillón de “Os Castros”, en Cangas, acollerá os días 28, 29 e 30 de decembro este conxunto de partidos de tenis, que segundo explicou Veiga “ofrecen unha programación deportiva atractiva coa que as mariñás e os mariñáns poderán disfrutar durante estas datas de Nadal, así como todos aqueles foráneos que decidan acercarse ata Foz a vindeira fin de semana”.
O venres día 28 haberá partidos pola tarde apartir das 17:00 horas, mentras que o sábado 29, os partidos disputaranse durante todo o día. Para o domingo 30, a partir das 10:00 horas, está previsto un clinic aberto a todas as idades, impartido polos finalistas do torneo, e tras o cal se celebrarán as semifinais masculinas absolutas. Durante a tarde haberá un partido exhibición de tenis en cadeira de rodas, un partido exhibición feminmino no que participarán as mellores xogadoras de Galicia e Asturias, e a última hora disputarase a final absoluta masculina, habendo trofeos para o finalista e o segundo clasificado.